3 comentarios comentarios

Medición da intradermorreacción: Técnica de Sokal

.

MEDICIÓN DA INTRADERMORREACCIÓN: TÉCNICA DE SOKAL

Verificar a identidade do paciente.
Hixiene das mans con solución hidroalcohólica (Grao A nivel I) ou lavado de mans hixiénico.
Percorrer a pel cun bolígrafo desde aproximadamente 8-10 mm do bordo da induración, de forma perpendicular ao eixe lonxitudinal do antebrazo. No momento en que se chega ao bordo da induración, nótase unha maior resistencia ao desprazamento, polo que se debe levantar a punta. Repetir o mesmo no bordo oposto. Así obtemos os límites da induración.
Medir a continuación o diámetro transversal coa regra transparente milimetrada. Mídese só a induración, non o eritema. Non se medirán nin rexistrarán outros diámetros.
O resultado expresarase en milímetros e non como “positivo”, “negativo” ou “dubidoso”. A ausencia de induración expresarase como “0 mm”.
A interpretación do resultado depende do tamaño da induración e dos factores de risco epidemiolóxico e da situación médica do individuo. Malia que os actuais criterios poden modificarse nun futuro próximo, actualmente considérase:
 
Se a lectura é > 5 mm a PT, é POSITIVA en:
  1. Pacientes VIH +.
  2. Contactos próximos de persoas con TB pulmonar ou larínxea.
  3. Evidencia radiolóxica de TB antiga curada, en pacientes que non foran tratados con pautas de recoñecida eficacia.
Se a lectura é > 10 mm, a PT é POSITIVA en:
  1. Persoas con factores de risco para TB distintos de VIH+.
  2. Historia de consumo de drogas ou ADVP seronegativos para o VIH.
  3. Persoas que viven en residencias de anciáns, hospitais, prisións ou centros de deshabituación de toxicómanos.
  4. Persoal sanitario.
  5. Nenos menores de 5 anos.
Se a lectura é > 15 mm, a PT é POSITIVA en:
  1. Os que non cumpren ningún dos criterios anteriores.
PT NEGATIVA:
 
Cando a induración é inferior aos diámetros indicados, considérase
 negativa.
 
Realizar lavado hixiénico de mans.
. Rexistrar a data, tipo de tuberculina e resultado da proba na historia do paciente.

 

 

 

Comentarios:
  • avatar Time to face the music armed with this great inonrmatiof. dixo:
    xoves, 6 de xullo 2017 ás 02:28
    Time to face the music armed with this great inonrmatiof.
  • avatar Hahhaaha. I'm not too bright today. Great post! dixo:
    xoves, 6 de xullo 2017 ás 02:09
    Hahhaaha. I'm not too bright today. Great post!
  • avatar What a neat artlice. I had no inkling. dixo:
    xoves, 6 de xullo 2017 ás 02:01
    What a neat artlice. I had no inkling.
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio