Para ter en conta. Nutrición por SNG

.

​- Antes de iniciar a alimentación descartar a existencia de distensión abdominal, náuseas ou dor e ausencia de motilidade intestinal.Contraindicacións.pdfContraindicacións.pdf

- Observar o aspecto, cor e consistencia da dieta e cambiala se se sospeita contaminación.

A contaminación bacteriana da fórmula de alimentación pode dar lugar a sepse, pneumonía e infeccións do tracto urinario, así como problemas gastrointestinais (Grao A) .Recomendacións sobre tempo de permanencia dunha alimentación.pdfRecomendacións sobre tempo de permanencia dunha alimentación.pdf

- En caso de obstrución lavar a sonda con auga morna.
- En pacientes con intubación endotraqueal, manter o neumotaponamento a unha presión constante de entre 20-30cm H2O para previr a pneumonía nosocomial.
- Nos pacientes coa motilidade gastrointestinal dubidosa, a valoración do residuo gástrico débese realizar cada catro horas; se este é superior a 200 ml, a alimentación debe ser revisada (Grao C).Condicións do tracto dixectivo.pdfCondicións do tracto dixectivo.pdf
- Almacenar a NE en lugar seco e protexido da luz. Manter o envase a temperatura ambiente mentres non se abra. Unha vez aberto, utilizar inmediatamente ou gardar en neveira non máis de 24 h., apuntando no frasco ou na bolsa o día e a hora en que se abriu.
- Axitar antes de usar.
- Administrar a NE a temperatura ambiente; se se dá fría pode provocar diarrea e se se administra quente pode alterar o produto.
- A nutrición enteral continua con bomba de infusión reduce as molestias gastrointestinais, permite a administración de maior volume de alimentos e favorece a tolerancia dixestiva cando a capacidade de absorción está diminuída. Non obstante, a infusión intermitente debe iniciarse tan pronto como sexa posible para manter o ciclo normal de alimentación (Grao A). En caso de perfusión continua comprobarase o residuo gástrico cada 4-8 horas para valorar a tolerancia. Unha vez que tolere non será necesario.
- A auscultación da insuflación de aire como método de comprobación da colocación da sonda pode inducir a erros perigosos e carece de fundamento científico. Este método non permite distinguir a colocación da sonda no pulmón, no esófago, no estómago ou no intestino delgado. Tamén son pouco fiables outros métodos como a observación de síntomas respiratorios (tose, incapacidade de falar) ou a colocación do estremo externo da sonda dentro dun vaso para detectar a saída de burbullas de aire. Non se debe utilizar ningunha destas abordaxes como método principal de valoración da colocación correcta da sonda.
- Introducir a alimentación gradualmente en canto a volume, concentración e ritmo da perfusión (con iso redúcese o risco de diarrea e a intolerancia gástrica).
- A administración por gravidade adoita ser mellor tolerada, xa que a infusión se fai en períodos superiores a 30 minutos.
- Previamente ao inicio da NE en perfusión continua, comprobarase a tolerancia administrando 100 ml de auga a intervalos de 2-3 horas. Se tolera comezar a nutrición enteral.
- Administración de auga a través da sonda segundo prescrición. Barre os residuos de fórmula e prevense o crecemento bacteriano.
- Cambiar o preparado da nutrición enteral tendo en conta os tempos indicados.
- Manter a xiringa sempre limpa e no seu envoltorio, lavándoa con auga despois de administrar a alimentación.
- Na perfusión continua cambiarase o sistema cada 24 horas.
- Deter a nutrición antes do aseo do paciente.
- Non mesturar medicación coa NE. Lavar a sonda con auga antes e despois da administración de medicamentos. Utilizar preferentemente formas líquidas.
- Non engadir auga ao envase da NE, salvo naqueles preparados nos que estea especificado.Formulas de NE.pdfFormulas de NE.pdf

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio