0 comentarios comentarios

Definicións. Monofilamento

Diabetes Mellitus (DM): Alteración metabólica heteroxénea caracterizada pola presenza de hiperglicemia debido a defectos na secreción de insulina, na súa acción ou en ambas. A hiperglicemia crónica da diabetes asóciase con importantes secuelas a longo prazo, concretamente con lesións, disfunción ou fallo de varios órganos entre os que destacan riles, ollos, nervios, tamén a unha elevación do risco de enfermidade cardiovascular.
Monofilamento Semmes-Weisntein: Filamento de nailon unido a un mango de plástico, que ao dobrarse aplica unha presión constante de 10 gramos, independentemente da forza que aplique o explorador. Avalía a sensibilidade á presión e a sensibilidade táctil, o que se denomina sensibilidade protectora.
Neuropatía Diabética (ND): Anormalidade constituída pola presenza de signos e/ou síntomas de disfunción dos nervios periféricos en persoas con diabetes mellitus, unha vez que se descartaron outras causas. Trátase dunha complicación microvascular que produce perda de sensibilidade no pé, favorecendo deformidades, unha presión anormal, feridas e úlceras.
Pé Diabético (PD): Alteración clínica, de etioloxía neuropática, e inducida pola hiperglicemia mantida, na que con ou sen coexistencia de isquemia e previo desencadeante traumático produce lesión e/ou ulceración do pé.
Perda da sensibilidade protectora: ausencia de sensación sobre a superficie plantar que inclúe calquera ou todas as seguintes circunstancias: perda da sensibilidade á dor, calor ou frío (térmica) ou presión (aguda ou xorda). A dita ausencia de sensación pódese identificar nunha ou varias localizacións co uso do monofilamento de Semmes-Weinstein.
Prevención: Preparación e disposición que se fai anticipadamente para evitar un risco ou executar algo.
 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio