1 comentarios comentarios

Procedemento da sondaxe vesical. Mulleres

.

PREPARACIÓN PREVIA
 
1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
3. Identificar e informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais (grao B).
4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
6. Comprobar as alerxias do paciente.
7. Indagar mediante unha entrevista co usuario e/ou familia a existencia de alteracións anatómicas que puideran dificultar o procedemento.
 
HIXIENE XENITOURINARIA
 
1. Reunir o material necesario, tendo en conta a necesidade dun carro, batea ou mesa auxiliar.
2. Lavado de mans seguindo o protocolo (categoría IB).
3. Proceder á preparación da paciente.
 
PREPARACIÓN DA MULLER
 
1. Colocar a paciente en posición xinecolóxica, coas pernas flexionadas e separadas.
2. Realizar a hixiene de mans seguindo o protocolo, e colocarse unhas luvas non estériles.
3. Proceder ao lavado de xenitais externos e zona perineal, sempre de arriba cara abaixo (dende o pube cara ao ano) separando os beizos maiores e lavando despois dende o clítoris á zona perianal, e posteriormente dende a cara interna dos beizos menores cara fóra. Usar unha nova gasa en cada pasada.
4. Aclarar con auga, sempre no mesmo sentido (dende o meato urinario cara a fóra). Recoméndase usar auga potable para a limpeza dos xenitais antes da sondaxe.
5. Secar con gasas estériles na mesma orde.
6. Unha vez limpo o meato, cubrir con gasa estéril ata o momento da sondaxe.
7. Desbotar as luvas usadas para a hixiene, facer hixiene de mans e colocar luvas limpas.
8. Colocar a bolsa colectora no soporte e situala por debaixo do nivel da vexiga do paciente.
9. Proceder a axudar a/o enfermeira/o que realiza a técnica estéril.
 
TÉCNICA ESTÉRIL
 
1. Lavado de mans seguindo o protocolo (categoría IB).
2. Colocar luvas estériles
3 Colocar un pano estéril sobre a zona pubiana para crear un campo estéril. A manipulación do catéter farase sempre de forma aséptica, usando equipo e luvas estériles (categoría IB).
4. Cmprobar a integridade do balón da sonda insuflando 10 cc de aire. Desinchar o balón unha vez comprobado.
5. Abrir a vulva da paciente coa man non dominante colocando os dedos polgar e índice entre os labios menores para localizar o meato urinario.
6. Limpar con clorexhidina acuosa ao 2% os xenitais e deixar secar. Desinfecte os xenitais seguindo a dirección pube-ano. Desinfecte primeiro os labios menores e por último o meato. Use unha gasa nova en cada pasada.
7 Mentres se fai a desinfección, inspeccionar os puntos anatómicos de referencia: clítoris, meato urinario e vaxina.
8. Pida que lle abran a sonda e lubrique o catéter abundantemente dende a punta aproximadamente nun terzo da súa lonxitude con lubricante estéril.
9.  Coa man dominante coller a sonda e introducila suavemente a través do meato ata bter refluxo de urina, proseguindo uns 5 cm máis para asegurar que estea na vexiga.
Pode indicarse á paciente que faga forza como para mexar, o que relaxará o esfínter.
10. Con forzar a entrada da sonda polo risco de crear unha falsa vía.
 
CATETERISMO TEMPORAL OU PERMANENTE
1. Conectar a sonda ao sistema colector pechado, evitando a desconexión entre sonda, tubo e bolsa (categoría IA).
2. Inflar o globo con 8-10 cc de auga destilada. Non usar soro fisiolóxico, xa que pode cristalizar.
3. Retirar suavemente a sonda ata notar resistencia, para asegurar a súa ancoraxe na unión da vexiga coa uretra.
4. Fixar a sonda na parte interna da coxa para evitar o movemento de tracción uretral (categoría IB). Nos pacientes medulares ou con un baixo nivel de conciencia fixarase no abdome para evitar úlceras por presión.
5. A bolsa colectora quedará fixada no soporte e debe manterse sempre nunha posición algo inferior a da vexiga do paciente, sen tocar o chan (categoría IB).
6. Comprobar que non se tensa a sonda cos movementos do paciente.
7. Evitar que se fagan cóbados na sonda ou no sistema colector, e asegurar que o fluxo de urina sexa sempre continuo (categoría IB).
8. Se a sondaxe se fai para resolver un cadro de retención urinaria, pinzar o sistema de drenaxe cando a cantidade de diurese sexa aproximadamente de 500 cc en adultos, para evitar hemorraxias por descompresión vesical brusca  e seguir pinzando e despinzando cada 300-400 cc a intervalos de 10-15 minutos.
9. Retirar as luvas e lavar as mans seguindo o protocolo.
10. Desbotar o material seguindo as normas de xestión de residuos.
 
CATETERISMO INTERMITENTE
Consiste na introdución dun catéter na vexiga a través da uretra para proceder ao baleiramento de urina, e retirar a sonda inmediatamente despois de producirse o dito baleiramento.
É o método de elección en pacientes con disfunción de vexiga, especificamente con vexiga neuróxena.
A frecuencia da sondaxe dependerá do volume de urina diario do paciente e da capacidade da vexiga (recoméndanse 4-6 sondaxes diarios con catéter de calibre 12-14 Fr).
A/o paciente pode ser adestrado a facelo por si mesmo (autosondaxe).

Comentarios:
  • avatar Lorena Soto Araújo dixo:
    xoves, 13 de xullo 2017 ás 10:44
    Hola, tengo alguna duda respecto al prodecimiento que me gustaría que me aclararan ya que en fisterra las indicaciones no son las mismas que aquí se indican: 1. La desinfección se puede realizar también con povidona yodada como se indica en fisterra? 2. El sistema de sondaje debe ser cerrado? En fisterra tal y como se explica la técnica es mediante sondaje abierto. 3. En fisterra en la guía clínica de RAO indica que los últimos estudios afirman que no se debe pinzar la sonda ya que el riesgo de ITU es mayor que el de cuadro vagal o hematuria ex-vacuo. Muchísimas gracias por su atención. Un saludo.
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio