0 comentarios comentarios

Sondaxe vesical

Preténdese documentar as accións que se deben realizar para a inserción, mantemento e retirada dunha sonda vesical.

​Este procedemento pretende documentar as accións que se deben realizar para a inserción, mantemento e retirada dunha sonda vesical incorporando a mellor evidencia existente.

Estímase que entre un 17 % e un 69 % de infeccións de tracto urinario relacionadas coa sondaxe vesical se poden previr con medidas de control da infección.
 
As ITU son unha das infeccións nosocomiais máis comúns, prolongan a estancia media dos pacientes no hospital de 2-4 a 4-5 días, e levan asociado un aumento da morbilidade e mortalidade intrahospitalaria de aproximadamente un 10%. Por outro lado, os usuarios portadores de sonda urinaria son un importante reservorio de microorganismos multirresistentes.

  

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio