Procedemento de estomas de eliminación

0 comentarios comentarios

Procedemento de estomas de eliminación

.

FASE PREOPERATORIA
 
1. Proporcionar información no preoperatorio ao paciente que requira unha cirurxía de ostomía e a súa familia (nivel de evidencia Ib).
2. Marcar a situación do estoma a todos os pacientes que vaian ser sometidos a unha cirurxía de ostomía (nivel de evidencia IIa).
 
FASE POSTOPERATORIA
 
1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se lle vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais (grao B) (nivel de evidencia III).
4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
6. Comprobar as alerxias do paciente.
7. Colocar o enfermo en decúbito supino, coa cabeceira elevada uns 10-15ºC, ou ben se se pode levantar, realizar o cambio no baño. A postura do paciente debe permitir que poida ver o estoma.
8. Realizar lavado hixiénico de mans (nivel de evidencia I).
9. Colocar as luvas non estériles.
10. Retirar suavemente a bolsa usada, desprendéndoa por todos os lados, nunca tirando. Cunha man suxeitar a parede abdominal e coa outra retirar a bolsa.
11. Retirar as substancias de refugallo, se as houbese, con papel hixiénico ou esponxa suave mollada en auga.
12. Limpar primeiro con esponxa suave e xabón neutro a zona do estoma con movementos circulares, quitar os restos do xabón e secar a pel con toallas, sen fregar.
13. Recortar o vello ao redor do estoma con tesoiras, de ser preciso.
14. Non secar a pel con secador nin usar alcol nin antisépticos na pel periestomal.
15. Valorar o aspecto do estoma: cor, presenza de edema, sangrado, integridade da sutura, etc. Vixiar posibles necroses, retraccións e dehiscencias, así como o estado da vareta/ titor, e de catéteres ureterais nas urostomías.Complicacións.pdfComplicacións.pdf
16. Valorar a integridade da pel periostomal: dermatite, presenza de pregues que dificulten adhesión do dispositivo, etc.
17. Colocar a bolsa colectora adecuada para cada caso clínico. En caso de pregues cutáneos, verificar que o dispositivo utilizado é o axeitado, e se fose necesario, utilizar produtos específicos para ostomía: pasta para selar, aneis barreira, etc., para evitar fugas.
18.  No postoperatorio inmediato, é recomendable utilizar dispositivos transparentes, para vixiar con facilidade o estoma, e de ser posible de dúas pezas.
19.  Adaptar o dispositivo ao tamaño e forma do estoma.
20.  Asegurarse que a bolsa queda ben adherida, e pechada en caso de bolsas de billa e abertas.
21. Desbotar os residuos xerados nos colectores axeitados.
22. Quitar as luvas e realizar lavado hixiénico de mans (nivel de evidencia I).
23. Acomodar ao enfermo tras os coidados e retornalo á súa posición previa.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde