1 comentarios comentarios

Para ter en conta. Sondaxe vesical

.

Observacións

  • Usar a sondaxe vesical só cando sexa estritamente necesario. Considerar outros métodos, e avaliar diariamente a necesidade de permanencia da sonda vesical (categoría IA).
  • Retirar o catéter vesical tan pronto coma sexa posible (categoría IA).
  • A menos que haxa outra indicación clínica, usar sempre o catéter de menor calibre posible (categoría II) .
  • O persoal debe estar atento continuamente ao risco de infección cruzada entre pacientes portadores de sonda vesical. Deberán ser estritos na aplicación dos protocolos de hixiene de mans e a necesidade de usar luvas desbotables (categoría IA).
  • Uso rutineiro de lubricantes anestésicos non é necesario (categoría II). O uso de lubricante anestésico durante a sondaxe está asociado á diminución da dor no caso de homes e nenos maiores de 4 anos (categoría IB). Non hai evidencia de que sexa así no caso da muller e nenos menores de 2 anos.
  • A frecuencia de recambio da sonda vesical virá determinada polas indicacións do fabricante. O recambio rutineiro da sonda ou bolsa de drenaxe non está recomendado. Este farase baseado en indicacións clínicas como infección, obstrución, ou cando o sistema pechado estea comprometido (categoría II). Se houbese ruptura na técnica aséptica ou desconexión no sistema deberase recambiar a sonda e o sistema colector (categoría IB).

 

Comentarios:
  • avatar Play inmifratove for me, Mr. internet writer. dixo:
    xoves, 6 de xullo 2017 ás 03:14
    Play inmifratove for me, Mr. internet writer.
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio