0 comentarios comentarios

Para ter en conta. Estomas de eliminación

.

​- No caso de que a ostomía teña vareta de suxeición, trátase de introducir a variña dentro da bolsa, evitar movementos bruscos, e devolvela á súa posición inicial. Vixiar quenon se produzan úlceras por presión da vareta no estoma.
 
− A retirada de puntos periostomais e vareta debe efectuarse segundo a prescrición médica e os protocolos aplicables de cada centro.
 
− Nas urostomías con catéteres, introducir estes na bolsa colectora por enriba da válvula antirrefluxo.
 
− O diámetro do orificio da bolsa non debe de exceder en 0,3 cm o diámetro do estoma.
 
− Entre a placa e o estoma ten que haber 3 mm, para que o bordo non aprisione o estoma e o efluente non se coe.
 
− Os coidados da ostomía realízanse sempre logo dos coidados da ferida cirúrxica, para evitar a contaminación desta.
 
− Non deixar encher a bolsa colectora máis dos 2/3 da súa capacidade.
 
− Ensinarlle ao paciente e ao coidador o conxunto mínimo de destrezas específicas que necesitan coñecer antes da alta hospitalaria (nivel de evidencia IV).
 
− Informar o paciente as recomendacións dietéticas.Recomendacións dietéticas.JPGRecomendacións dietéticas.JPG
 
− Nos pacientes hospitalizados, proporcionarlle tempo ao paciente e/ou coidador principal a que realicen os coidados da ostomía antes de recibir a alta hospitalaria, co fin de adestralos e resolver as dúbidas iniciais, así como informar sobre os dispositivos dispoñibles e a súa adquisición segundo un programa educativo planificado.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio