Obxectivos e diagnósticos. Sondaxe vesical

0 comentarios comentarios

Obxectivos e diagnósticos. Sondaxe vesical

.

 

OBXECTIVO
Obxectivo xeral
Establecer os criterios de actuación na colocación, mantemento e retirada dun catéter vesical baseándose na mellor evidencia existente.
 
Obxectivos específicos
  1. Reducir a variabilidade existente nos distintos ámbitos da asistencia do Sistema Galego de Saúde na colocación, mantemento e retirada dun catéter vesical.
  2. Reducir a incidencia da infección de tracto urinario relacionada coa sondaxe vesical.
Diagnósticos de enfermería relacionados
Diagnósticos NANDA
  • 00004 Risco de infección.
  • 00016 Deterioración da eliminación urinaria
  • 00018 Incontinencia urinaria reflexa
  • 00023 Retención urinaria
  • 00176 Incontinencia urinaria por rebordamento

 

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde