Materiais. Sondaxe vesical

Materiais. Sondaxe vesical

.

Medios materiais

Para a hixiene xenitourinaria:

  • Luvas non estériles
  • Auga e xabón
  • Almofía ou cuña
  • Gasas estériles para secado
  • Empapador
  • Bolsa desbotable para recollida de residuos
Para o procedemento de sondaxe vesical:
  • Sonda vesical estéril axeitada en canto a tipo e calibre. Elección de sonda.JPGElección de sonda.JPG Tipos sonda urinaria.pdfTipos sonda urinaria.pdf
  • Luvas estériles
  • Bolsa colectora de sistema pechado e estéril con válvula antirrefluxo e sistema de baleiramento
  • Gasas estériles
  • Solución antiséptica para lavado do meato: clorexhidina acuosa ao 2%
  • Dous panos estériles ou un pano fenestrado
  • Lubricante hidrosoluble urolóxico estéril
  • Xiringa de 10 cc
  • Ampola de auga destilada estéril para insuflar o globo ou balón da sonda se é preciso
  • Esparadrapo hipoalerxénico para fixar a sonda ao paciente cando sexa preciso
  • Tapón estéril para sonda se é preciso
  • Bolsa desbotable para residuos
  • Recipiente para a recollida de urina, se procede
  • Soporte para bolsa colectora
  • Considerar a necesidade dunha fonte de luz adicional para optimizar a visión da zona.

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde