0 comentarios comentarios

Extracción manual de fecalomas

Considérase unha das complicacións máis importantes do estrinximento e polo tanto, as súas causas son moi similares e de orixe múltiple.

Este procedemento pretende documentar as accións que se van realizar para a extracción manual da acumulación anormal da materia fecal que forma unha masa endurecida na porción inferior do intestino.

Considérase unha das complicacións máis importantes do estrinximento e polo tanto, as súas causas son moi similares e de orixe múltiple (funcionais, alimentación inadecuada, inmobilidades, deshidratación, fármacos, debilidade etc.).
Pódese manifestar por dolor abdominal, diarrea, vómitos, anorexia e/ou retención urinaria.
 
A localización máis frecuente do fecaloma é a ampola rectal (70 % dos casos), seguida polo colon sigmoide e o colon proximal (20 % e 10 % dos casos respectivamente).
É unha patoloxía máis frecuente en pacientes anciáns, institucionalizados ou inmobilizados ou pacientes terminais por cáncer.

  

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio