Definicións. Sondaxe vesical

0 comentarios comentarios

Definicións. Sondaxe vesical

.

Sondaxe vesical- é unha técnica invasiva que consiste na introdución dunha sonda a través do meato uretral ata acadar a vexiga, co fin de establecer unha vía de drenaxe temporal, intermitente ou permanente dende a vexiga cara ao exterior, xa sexa con fins diagnósticos ou terapéuticos.

Bacteriúria asintomática- defínese como a presenza de máis de 100.000 unidades formadoras de colonias por ml en dúas mostras de urina en pacientes sen síntomas urinarios. Este termo emprégase cando non hai evidencia clínica ou inmunolóxica de infección. Significa por tanto colonización urinaria, e trátase dun precursor da infección.
A súa detención sistemática está soamente indicada no embarazo e antes da cirurxía urolóxica. A bacteriúria asintomática non precisa tratamento nos pacientes portadores de sonda vesical, salvo excepcións.Recoméndase a retirada ou recambio da sonda.
 
Infección do tracto urinario (ITU)- defínese como a presenza de microorganismos patóxenos nas vías urinarias. É un episodio de bacteriúria con síntomas asociados coma febre, dor e tenesmo vesical, urina turbia ou con mal olor.

Infección do tracto urinario (ITU) en paciente con sonda vesical- episodio de bacteriúria en paciente portador de sonda vesical. Nos pacientes sondados considéranse densidades menores (desde 100 ou 1000 unidades formadoras de colonias por ml).

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde