Procedemento heparinización reservorio

.

Procedemento:

A. Reservorio non canalizado: procederase previamente á súa canalización segundo o "procedemento de canalización”.

B. Reservorio previamente canalizado:

  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais (Grao B).
  4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  6. Comprobar alerxias do paciente.
  7. Examinar o aspecto da pel (edema, infiltración subcutánea, afectación cutánea, supuración).
  8. Realizar hixiene de mans (categoría IA ) e colocación de guantes.
  9. Desinfectar as conexións con clorhexidina (no caso de hipersensibilidade á clorhexidina utilizarase alcohol ao 70% ou povidona iodada) (categoría IB); deixar secar 30 segundos.
  10. Desclampar o sistema da Gripper.
  11. Aspirar 5–7 cc para retirar a heparina do selado previo.
  12. Clampar e desbotar.
  13. Lavar o catéter con 10 cc de soro fisiolóxico.
  14. Volver clampar.
  15. Heparinizar con 5 ml da disolución de heparina xa preparada (Fibrilín®) ou 5 cc da dilución de heparina ao 1%.
  16. Clampar o sistema exercendo presión positiva no émbolo da xiringa.
  17. Retirar a agulla gripper no caso de que o repouso sexa maior de 7 días.
  18. Cubrir con un apósito transparente ou de gasa estériles (categoría IA ).
  19. Desbotar o material.
  20. Retirar as luvas.
  21. Hixiene de mans (categoría IA).

 


 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio