Procedemento de desoclusion do reservorio

.

 

  1. Comprobar a prescrición facultativa de Urokinasa.
  2. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  3. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  4. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolvendo as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais (grado B).
  5. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  6. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  7. Comprobar alerxias do paciente.
  8. Colocar o paciente en decúbito supino ou inclinado cara atrás no sofá e coa cabeza xirada cara ao lado oposto o catéter.
  9. Realizar hixiene de mans (categoría IA ).
  10. Clampar o catéter, se precisa, e desinfectar o tapón con clorhexidina (no caso de hipersensibilidade á clorhexidina utilizarase alcohol) (categoría IB); deixar secar 30 segundos.
  11. Realizar hixiene de mans e colocar os guantes estériles.
  12. Crear campo estéril, preto da zona de inserción do catéter, colocando o material sobre el.
  13. Reconstituír a solución de Urokinasa a unha concentración de 100.000 UI/5 cc.
  14. Cargar unha das xiringas con 2,5 cc da solución de Urokinasa + 7,5 cc soro fisiolóxico e a outra con 10 cc de soro fisiolóxico.
  15. Purgar a chave de 3 vías coa xiringa de soro fisiolóxico, e deixala conectada á chave.
  16. Conectar a chave á alargadeira da Gripper en posición pechada.
  17. Conectar a xiringa coa solución de urokinasa na conexión libre da chave, abrila e introducir a cantidade de urokinasa pautada polo médico.
Se é posible introducir a solución:
  • Lavar o catéter con soro fisiolóxico.
  • Selar con heparina se o catéter vai quedar sen repouso ou proceder á súa utilización segundo o procedemento que se vai levar a cabo.
  • Recoller e/ou desbotar o material utilizado.
Se non é posible introducir a solución:
  • Substituír, na chave de 3 vías, a xiringa de soro fisiolóxico por unha xiringa de 10 cc baleira.
  • Exercer presión negativa coa xiringa baleira aspirando suavemente ata retroceder o émbolo 7-8 cc e xirar a chave de 3 vías cara a xiringa con solución de Urokinasa, e permitir que a solución ocupe o baleiro realizado anteriormente.
  • Clampar o sistema e esperar de 15 a 30 minutos. Repetir ata 3 veces esta manobra se fose necesario.
Se non reflúe: consultar co facultativo e seguir as súa sindicacións.
Se reflúe:
  • Lavar o catéter con soro fisiolóxico.
  • Selar con heparina se o catéter vai quedar en repouso ou proceder á súa utilización segundo o procedemento.
  • Recoller/ou desbotar o material utilizado.
  • Hixiene de mans (categoría IA).