Procedemento de canalización do reservorio SC

.

Procedemento

  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se lle vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais (Grao B).
  4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  6. Comprobar alerxias do paciente
  7. Colocar ao paciente en decúbito supino ou sentado nun sofá coas costas apoiadas no respaldo e a cabeza xirada cara ao lado oposto ao catéter.
  8. Examinar o aspecto da pel (edema, infiltración subcutánea, afectación cutánea, supuración).
  9. Realizar hixiene de mans (categoría IA ) e colocación de guantes non estériles.
  10. Desinfectar a zona con clorhexidina (no caso de hipersensibilidade á clorhexidina utilizarase alcohol ao 70% ou povidona iodada)  (categoría IA); deixar secar, 30 segundos no caso da clorhexidina e 2 minutos no caso da povidona iodada (categoría IB ).
  11. Realizar hixiene de mans e colocar os guantes estériles (categoría IA ).
  12. Crear campo estéril, preto da zona de inserción do catéter, colocando o material sobre el.
  13. Cargar nunha xiringa de 10 cc con agulla, un mínimo de 3 cc de soro fisiolóxico para purgar o Gripper.
  14. Cargar outra xiringa con 10 cc de soro fisiolóxico para lavar o sistema.
  15. Purgar o Gripper e deixalo clampado coa xiringa conectada.
  16. Fixar o portal entre os dedos índice e polgar coa man non dominante.
  17. Pedir o doente que inspire profundamente (o portal acercarase máis á superficie e quedará más fixo).
  18. Coa man dominante coller o Gripper e puncionar firme e perpendicular á pel ata atopar coa agulla o solo metálico do portal, evitando puntos de punción anteriores. Non facer movementos coa agulla para non danar a cuberta de silicona.
  19. Desclampar e aspirar suavemente un mínimo de 5 a 7 cc para comprobar o refluxo do sangue e retirar o selado anterior.
  20. Clampar e a continuación retirar a xiringa.
  21. Conectar a xiringa preparada con 10 cc. de soro fisiolóxico, desclampar e lavar o reservorio.
  22. Exercendo presión positiva coa xiringa, clampar o Gripper e continuar co procedemento que teramos que facer ou instalar un obturador no sistema.
  23. Fixar o Gripper protexéndoo, e cubrir cun apósito transparente ou de gasa estériles (categoría IA).
  24. Desbotar o material.
  25. Retirar as luvas.
  26. Hixiene de mans.

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio