Procedemento. SNG

.

PREPARACIÓN PREVIA

 

1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se lle vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcando a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais (Grao B) (nivel de evidencia III).
4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
6. Comprobar alerxias do paciente.
7. Comprobar se é portador de prótese dental móbil, e en caso afirmativo, retirala.
8. Colocar o paciente en posición axeitada: Fowler de primeira elección. De non ser posible, colocar en decúbito lateral dereito e colocar enchoupador ou toalla enriba do tórax do paciente.
9. Realizar hixiene de mans (categoría IA) (nivel de evidencia I).
10. Dispoñer todo o material necesario.
11. Pór luvas non estériles.
 
TÉCNICA DE SONDAXE
 
- Comprobar a permeabilidade das fosas nasais:
· Se o paciente está consciente pedirlle que se asoe e examinar os orificios nasais para comprobar a súa permeabilidade. Explicarlle que respire alternativamente por cada un dos orificios mentres bloquea o contralateral. Escolleremos o orificio polo que respire mellor.
· Observaremos se existe algunha desviación do tabique nasal. Nese caso elixiremos o orificio nasal contrario ao lado desviado.
- Comprobar que a SNG estea en perfectas condicións de uso (que non estea rota, defectuosa e que sexa permeable).
- Medir a lonxitude da sonda que se vai introducir: dende a punta do nariz ao lóbulo daorella e ao apéndice xifoide (medición NOX, nariz-orella-xifoide). Marcar a sonda con rotulador permanente.
- Humedecer o extremo distal da sonda con auga no caso de sondas prelubricadas, así como as sondas con fiador para que se mobilice con maior facilidade. Aplicar lubricante hidrosoluble, se non é o caso.
- Reclinar a cabeza do paciente lixeiramente cara atrás.
- Introducir suavemente a sonda a través da fosa nasal elixida. Se aparecen náuseas retiraremos a sonda uns centímetros, esperaremos a que se recupere e seguiremos introducindo a sonda. Nas sondas con fiador se hai dificultade na introdución deste, pódese retirar uns centímetros para facilitar que progrese.
- Colocar a cabeza do paciente lixeiramente inclinada cara adiante tras pasar a nasofarinxe.
- Introducir a sonda suavemente con movementos rotatorios ata chegar ao punto marcado.
Nos pacientes adultos e conscientes, facilitar o procedemento solicitándolle que respire pola boca e degluta durante a técnica. Nos nenos, aproveitar as inspiracións durante o choro para facer progresar a sonda.
· Interromper a manobra e retirar a sonda uns centímetros se atopamos resistencia, o doente tose, se esgana, se se pon cianótico, ou se a sonda se envolve sobre si mesma, quedando na boca. Tras uns minutos de descanso continuar coa introdución ata a marca sinalada.
· Se a resistencia persiste, repita o procedemento na outra fosa nasal e considere a posibilidade de cambiar a sonda por unha de menor diámetro.
- Fixar a sonda cun sistema de fixación axeitado, evitar decúbitos na fosa nasal e coidando de deixar a marca de medición NOX visible. Tirar suavemente dela para comprobar que non se despraza. Non interceptar o campo visual. Fixar o extremo aberto da sonda ao ombreiro do paciente para evitar traccións (salvo nos neonatos).
- Se a sonda leva fiador retiralo, e eliminalo no colector de obxectos punzantes.
- Comprobar a correcta colocación da sonda:
 
PROBA DE PRIMEIRA LIÑA Medición do PH.pdfMedición do PH.pdf: medir o pH gástrico con tiras reactivas.
A evidencia dun pH ≤ 4 determinado con tiras reactivas confirma a correcta
colocación da sonda no estómago. Un pH entre 4 e 5,5 pode ser indicativo de que a sonda se atope a nivel esofáxico e sería necesario confirmar a posición correcta mediante radiografía. Para a obtención dunha mostra de aspirado pola sonda, proceder como segue:
 
1. Empregando unha xiringa de 50-60 ml insuflar lentamente 10-20 ml de aire para limpar a luz da sonda e separala da parede do estómago. En nenos (non neonatos) empregar xiringa de 2-5 ml e insuflar 1-5 ml de aire. A continuación aspirar suavementecoa mesma xiringa polo menos de 0.5 a 1 ml de contido.
2. Se non se obtén mostra ningunha, repetir o paso 1 e a continuación aspirar usando unha xiringa de 10 ml.
3. Se segue sen obter mostra ningunha, agardar 30 min e volver repetir os pasos 1 e 2.
 
Podemos realizar os coidados da boca co fin de estimular a secreción de ácido gástrico.
Non usar auga para enxaugar.
 
PROBA DE SEGUNDA LIÑA: ante a ausencia de aspirado ou en caso de dúbida na proba de primeira liña, utilizar sempre control radiolóxico. A comprobación radiolóxica da colocación correcta da sonda nasogástrica deberá vir acompañada de informe radiolóxico ou ser valorada polo facultativo responsable, e deixar constancia na historia clínica do paciente.
 
RECOMÉNDASE UTILIZAR SEMPRE O CONTROL RADIOLÓXICO para aqueles pacientes considerados de alto risco:
Baixo nivel de conciencia.
Reflexo de tose ou náusea diminuído.
Presenza de tubo endotraqueal ou extubación recente.
 
- Se a sonda:
Está correctamente colocada, rexistrar no plan de coidados a lonxitude externa desta e marcar con tinta indeleble o punto de saída da sonda do nariz.
Non está correctamente colocada, retirala ou recolocala segundo indicación.
- Segundo a finalidade da sondaxe, conectar a bolsa colectora, ao equipo de alimentación ou de aspiración, ou ben pechar co tapón.
- Deixar o paciente en posición cómoda e axeitada, permitíndolle un fácil acceso ao timbre e aos seus obxectos persoais.
- Recoller o material empregado.
- Retirar as luvas e realizar a hixiene de mans (lavado de mans rutineiro, segundo procedemento).
 
MANTEMENTO DA SONDA NASOGÁSTRICA Mantemento da SNG e paciente.pdfMantemento da SNG e paciente.pdf
 
Manter sempre incorporada a cabeceira da cama 30-40º.
COIDADOS DA SONDA:
- Comprobar a posición correcta da sonda (verificar a marca da medición NOX e/ou medir a lonxitude externa da sonda e comprobar coincidencia co rexistrado no plan de coidados) cada 24 horas e ademais.
· Polo menos unha vez por quenda no caso de alimentación continua.
· Previamente á administración de alimentación por bolo e/ou administración de
medicamentos.
· Se o paciente se queixa de molestias ou refluxo de alimento na boca.
· Despois de vómitos ou arcadas violentas.
· Despois de graves ataques de tose/dificultade respiratoria.
· Despois de aspiración do tubo endotraqueal ou traqueotomía.
· Se a sonda se desprazou nos traslados ou na recepción do paciente.
- Cambiar diariamente o punto de fixación no nariz e rotar a sonda para evitar lesións por decúbito tanto na fosa nasal como na mucosa gástrica, extraendo a sonda con movementos rotatorios uns 2-3 cm e introducila novamente ata a marca sinalada.
- Manter a permeabilidade da sonda:
 
A. Lavar a sonda como mínimo con 30-50 ml de auga:
· Despois da administración dun bolo de alimentación enteral.
· Antes e despois da administración de fármacos.
· Cada 4-6 horas en pacientes con nutrición enteral continua.
 
B. Empregar presentacións líquidas de fármacos (solucións, xaropes etc.). Se o fármaco non está dispoñible nunha presentación líquida, valorar a posibilidade de disolver e/ ou triturar o fármaco. Consultar co Servizo de Farmacia sobre a posibilidade de manipular fármacos para a súa administración por sonda. Se non se dispón dunha presentación axeitada para a administración por sonda, considerar a vía parenteral/sublingual/rectal/transdérmica/inhalada.
 
C. No caso de realizar comprobación do contido gástrico residual, aspirar de forma suave e coidadosa, a presión excesiva fai que a sonda poida obstruírse.
 
D. Se a sonda se oclúe (nivel IV) inxecte 5 ml de auga morna e peche a sonda durante 5 minutos, a continuación lave con auga e repita o procedemento ata desobstruír a sonda. Se continúa obstruída, valore repetir o mesmo procedemento ou utilice unha solución de enzima pancreática, aínda que esta debe ser prescrita. Hai controversia na utilización de bebidas carbonatadas (bebidas de cola), zumes ácidos (arandos, piña) ou outras bebidas azucradas e efervescentes. Se persiste a oclusión, cambie a sonda.
 
- Lavar por fóra diariamente con auga morna e limpar calquera resto que quedase adherido á parte externa da sonda.
 
COIDADOS DO PACIENTE:
- Limpeza nasal (cunha gasa humedecida en soro fisiolóxico).
- Realizar ou axudar o paciente na hixiene bucal 3 veces ao día e lubricar labios.
- Acomodar o paciente.
- Recoller o material empregado.
- Retirar as luvas e realizar a hixiene de mans (lavado de mans rutineiro, segundo o procedemento).