Observacións
- Verificar a colocación da agulla mediante aspiración para asegurar o acceso venoso.
- O reservorio debe selarse con heparina cada 12 semanas cando o catéter estea en repouso, ou despois dunha extracción/administración de solución/fármaco, se non se prevé que se vaia utilizar.
- O volume de heparina non debe superar a cantidade recomendada para evitar a heparinización sistémica do paciente14,15.
- No caso de sistemas de dobre cámara, os coidados aplicaranse a cada unha delas.
Dilución da heparina ao 1%: 9 cc de S. fisiolóxico + 1 cc Heparina sódica ao 1%