Para ter en conta. Heparinización reservorio SC

.

Observacións

  • Verificar a colocación da agulla mediante aspiración para asegurar o acceso venoso.
  • O reservorio debe selarse con heparina tras cada manipulación, e cada 12 semanas cando o catéter estea en repouso.
  • A retirada da agulla da cámara debe realizarse exercendo unha presión positiva, para evitar o refluxo do sangue cara ao sistema; por iso clamparase a alargadeira á hora de retirar a agulla.
  • No caso de sistemas de dobre cámara, os coidados aplicaranse a cada unha delas.

 

Dilución da heparina ao 1%: 9 cc de S. fisiolóxico + 1 cc Heparina sódica ao 1%

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio