Para ter en conta. Desoclusión do reservorio

.

Observacións

  • Con anterioridade á desoclusión, realizar RX de tórax para controlar a posición do catéter.
  • Previamente á administración de Urokinasa cambiarase sempre a agulla tipo Gripper.
  • Para evitar a formación de coágulos é necesario a selaxe con heparina cada vez que se utilice de forma intermitente.
  • O uso de heparina non está indicado na desobstrución dun catéter.
  • Non se pode garantir o funcionamento correcto dun sistema no que a infusión se realice con dificultade e sexa imposible obter fluxo hemático.