Procedemento de inserción do catéter central de inserción periférica (PICC) en adultos

Para facilitar o acceso á información, ofréceselle ao persoal sanitario un protocolo baseado na evidencia, para a elección do catéter máis axeitado e a inserción segura do PICC.

Segundo o estudo EPINE do ano 2017, ao redor ao 72,83 % dos pacientes ingresados nos centros hospitalarios españois estudados foron portadores dun catéter venoso periférico (VP) nalgún momento do seu ingreso, mentres que un 10,41 % portaron polo menos un catéter venoso central (CVC).
O capital vascular é o conxunto de todos os vasos do sistema circulatorio, potencialmente utilizable para fins terapéuticos e/ou de diagnóstico. Por tanto, é limitado, non pode ser substituído, e o seu estado inflúe na calidade de vida do paciente e condiciona as decisións terapéuticas.
Todo paciente que precise dun acceso vascular debe ser sometido a un proceso de valoración proactiva que atenda as condicións persoais, o tipo e a duración prevista do tratamento, co fin de escoller o dispositivo máis axeitado para cada momento.
 
A enfermería debe perseguir a estandarización dos criterios de actuación, de forma que se incorporen as mellores prácticas á nosa actividade enfermeira diaria, e ofrecer uns coidados seguros, eficientes e continuos a todos os ámbitos asistenciais. Para facilitar o acceso á información, ofréceselle ao persoal sanitario un protocolo baseado na evidencia, para a elección do catéter máis axeitado e a inserción segura do PICC.
 
Este procedemento realizouse seguindo as recomendacións das guías máis actuais de práctica clínica baseadas na evidencia (BE), relacionadas coa terapia intravenosa e a xestión dos diferentes accesos venosos.