Gastrostomía endoscopica percutanea

Este método de inserción de gastrostomía resulta conveniente, xa que require menos tempo de estadía hospitalaria, é menos custoso e é moito máis rápido cá inserción cirúrxica da sonda de gastrostomía.

A protocolización dos coidados da PEG responde á necesidade de dispoñer documentalmente de pautas de actuación, co fin de proporcionar unha asistencia eficaz de máxima calidade, baseada en criterios científicos, e reducir a variabilidade asistencial.

A desnutrición relacionada coa enfermidade constitúe un problema sanitario de elevada persistencia e altos custos. Afecta uns 30 millóns de persoas en Europa e supón un custo asociado duns 170 mil millóns de euros anuais.
 
A gastrostomía endoscópica percutánea converteuse nun método amplamente aceptado para manter unha nutrición enteral a longo prazo en pacientes que son incapaces de manter a súa dieta alimenticia por vía oral, pero que o seu tracto gastrointestinal segue sendo funcional. O acceso percutáneo converteuse nunha técnica habitual para o uso a longo prazo. Este método de inserción de gastrostomía resulta conveniente, xa que require menos tempo de estadía hospitalaria, é menos custoso e é moito máis rápido cá inserción cirúrxica da sonda de gastrostomía.
 
A PEG supón a mellor alternativa á sonda nasogástrica para a alimentación enteral no ámbito domiciliario, cando se considere que o período de nutrición vai ser superior a catro semanas e a esperanza de vida superior a dous meses. Valórase a súa sinxeleza, utilidade, seguridade e o seu fácil manexo.
 
Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada