Obxectivos e diagnósticos enfermería. SNG

.

OBXECTIVOS

Obxectivo xeral:
Definir as accións que se van desenvolver para conseguir un coidado seguro e efectivo dos pacientes con sonda nasogástrica.

Obxectivos específicos:
  1. Establecer unha vía de acceso ao estómago a través das fosas nasais con fins diagnósticos, terapéuticos ou para alimentación, e manter en axeitadas condicións de permeabilidade da sonda.
  2. Previr ou minimizar as incidencias e complicacións que puidesen aparecer como consecuencia de ser portador dunha sonda nasogástrica.
  3. Manter unha boa hixiene bucal para proporcionarlle comodidade ao doente e previr alteracións da cavidade bucal.
  4. Establecer o procedemento de retirada da sonda cando xa non a necesite, estea obstruída, en posición incorrecta ou sexa preciso o seu recambio.
Diagnósticos de enfermería relacionados
Diagnósticos NANDA
-00039 Risco de aspiración
-00004 Risco de infección
-00045 Risco de deterioración da mucosa oral
-00047 Risco de deterioración da integridade cutánea