0 comentarios comentarios

Procedemento. Catéter Parcialmente Obstruído

Procedemento para a desobstrución de catéteres parcialmente obstruídos ou que infunden pero non reflúen

  1. Comprobacións previas:

    -Presentarse ao paciente.

    -Comprobar inequivocamente a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.

    -Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.

    -Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible. Usar unha linguaxe comprensible e resolver as posibles dúbidas e temores.

    -Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.

    -Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.

    -Comprobar a existencia de alerxias.

    -Realizar a hixiene das mans segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.

    -Colocar o paciente na postura adecuada: sentado ou deitado en semi-Fowler, brazo afecto estendido, separado do corpo.

     

  2. Realizar hixiene de mans e colocación de luvas non estériles (CDC 2011; categoría IB).

  3. Desinfección de tapón fregando vigorosamente con gasa con alcohol isopropílico ao 70 %, clorhexidina alcohólica ao 2 % ou solucións iodadas. (INS 2016, grao II)

  4. Comprobar con xiringa con 10 ml SSF a dificultade para a infusión e/ou refluxo de sangue a través da luz.

  5. Descartar unha causa mecánica (acodamento, “efecto parede” da punta...).

  6. Retirar bioconector e volver a comprobar se refuga.

  7. Se non temos unha sospeita clara da etioloxía da obstrución, actuaremos coma se esta fose un coágulo na luz do catéter, xa que adoita ser a causa máis frecuente debido a un refluxo de sangue, atraso ou déficit de coidados.

  8. Pódese intentar resolver a obstrución infundindo un axente trombolítico, segundo o protocolo do centro (de elección é a Urokinasa). Os mililitros para infundir, serán os equivalentes aos da capacidade habitual de cebado do catéter (1,3-1,5 ml), para evitar que o axente trombolítico pase ao torrente sanguíneo.

    9. Intentar aspirar o contido da luz do catéter ata conseguir refluxo de sangue fluído.

    10. Repetir a manobra, se é preciso, unha ou dúas veces máis, para conseguir a desobstrución e refluxo a través do catéter. Lavado posterior, unha vez conseguido o refluxo de sangue, con 20 ml de SSF usando sistema push-stop–push e clampaxe a presión positiva e poñer un novo bioconector.​

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio