0 comentarios comentarios

Procedemento. Manexo da Pulsioximetría

..

 

  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais. (Grao B) (Nivel de evidencia III).
  4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  6. Comprobar alerxias do paciente aos adhesivos.
  7. Eliminar esmalte de unllas, graxa e/ou suor.
  8. Masaxear a zona para quentala, se fose preciso.
  9. Realizar hixiene de mans.
  10. Reunir o material necesario.
  11. Escoller o sensor adecuado segundo o peso do paciente, o grao de actividade, a perfusión do paciente, as zonas dispoñibles e o tempo que se espera que dure a monitoración. Xeralmente, os pacientes neonatos, lactantes e pediátricos requirirán un sensor tipo adhesivo, mentres que nos adultos se pode optar por un sensor adhesivo para adultos, un sensor adhesivo nasal para adultos ou un sensor de pinza de dedo. Se se prevé que a duración da monitoración vai ser inferior a 10 minutos, nos adultos ou cando o paciente que se vai monitorar está inmóbil, recoméndase o uso dun sensor de pinza.
  12. Seleccionar o lugar adecuado para a colocación dos sensores de pinza ou adhesivos. En xeral, escóllese a xema do dedo da man ou do pé, o lóbulo da orella, a fronte, unha zona da parede costal ou o pé en pediatría. Preferentemente, utilízanse as dúas primeiras. En caso de dúbidas sobre a zona que escolleu, controlar o pulso proximal e o enchido capilar no lugar máis próximo posible.
  13. Comprobar que a zona de contacto estea limpa, seca, quente e íntegra; se é necesario, límpea cunha torunda con alcohol.
  14. Colocar o sensor sen que haxa ningún espazo entre este e a pel, e comprobe que os dous lados (o emisor de luz e o fotodetector) están un fronte do outro. Se os sensores non están aliñados, o pulsioxímetro non proporcionará unha lectura precisa da saturación de osíxeno.
  15. Acender o pulsioxímetro; pasados dez segundos, aparece a SaO2 e a frecuencia cardíaca na pantalla.
  16. Verificar os niveis das alarmas superior e inferior para a saturación de osíxeno e a frecuencia cardíaca, se a monitoración é continua.
  17. En medicións continuas, rotar o sensor de pinza de dedo cada 4 horas e o sensor de adhesivo desbotable cada 24 horas, co fin de evitar unha lesión por presión, queimadura ou irritación por contacto co adhesivo.
  18. Se as medicións da pulsioximetría entran en contradición con outras valoracións relacionadas coa osixenación, póñao en coñecemento do médico.
  19. Realizar lavado hixiénico de mans.

 


 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio