0 comentarios comentarios

Para ter en conta. Manexo da Pulsioximetría

.

​ 

  • Non utilizar un sensor dun fabricante cun pulsioxímetro doutro sen verificar que sexan compatibles.
  • Non colocar un sensor no dedo polgar do paciente ou nunha zona edematosa.
  • Non colocar o sensor nos dedos das mans ou dos pés sen retirar primeiro o esmalte de uñas ou as uñas artificiais. Aínda que o esmalte de uñas non está demostrado que interfira no resultado, adóitase retiralo con acetona.
  • Valorar ao paciente co fin de detectar tremor ou movemento excesivo, para evitar desprazamentos ou interferencias na lectura de saturación de osíxeno.
  • O pulsioxímetro require un fluxo pulsátil para a súa lectura; deste xeito, se o pulso é moi débil, é posible que non se detecte. Por isto non coloque o sensor sobre una extremidade na que colocase un catéter arterial ou intravenoso, un apósito compresivo ou un manguito de presión arterial automático non invasivo, dado que o fluxo pulsátil pode estar interrompido. O fluxo sanguíneo na punta dos dedos tamén pode verse afectado polos movementos e a flexión das extremidades.
  • Non fixe o sensor con sistemas que poidan reducir o fluxo arterial.
  • Non coloque o sensor no dedo índice da man dominante dun paciente que se está recuperando dunha anestesia, xa que podería autolesionarse.
  • A pigmentación cutánea e o grosor excesivo da pel poden dar lugar a lecturas erróneas.
  • Tapar o sensor con material opaco se o paciente está situado nun lugar con luz ambiental intensa, como a luz solar directa, unha lámpada cirúrxica ou de raios infravermellos ou lámpadas de fototerapia. Estes dispositivos poden alterar as medicións (normalmente mostrando valores inferiores aos reais).
  • Protexer os sensores de golpes e tiróns que poidan danar os cables.
  • Hai unha serie de patoloxías e tratamentos que poden afectar os resultados da pulsioximetría:
  • Certas enfermidades: enfermidade de Raynaud, tromboses, anemias intensas (valores de hemoglobina inferiores a 5mg/dl).
  • Tratamentos con dapsona, nitratos, nitroprusiato, lidocaína ou medicacións vasoconstritoras.
  • Mala perfusión periférica polo frío ambiental, diminución da temperatura corporal, hipotensión, vasoconstrición... son as causas máis frecuentes de erro, xa que é imprescindible para que funcione o aparato a existencia de fluxo pulsátil.
  • Dishemoglobinemias: a carboxihemoglobina (intoxicación por monóxido de carbono) e a metahemoglobina absorben lonxitudes de onda similares á oxihemoglobina. Para estas situacións son necesarios outros dispositivos como CO-oxímetros.
  • A utilización de contrastes intravasculares pode dar valores falsos de saturación durante varios minutos despois da súa inxección e pódelle seguir afectando á exactitude da medición ata a súa total eliminación, se estes contrastes absorben luz dunha lonxitude de onda similar á da hemoglobina.
  • A hemoglobina fetal, a ictericia (ata valores de 20 mg/ml) e a fístula arteriovenosa (salvo que produza isquemia distal) non interfiren nas medicións da SaO2 dos pulsioxímetros.
  • A monitoración con pulsioxímetro non avalía a presenza de dióxido de carbono, de modo que pode suceder que unha correcta saturación enmascare unha hipercapnia importante, sobre todo en pacientes con osixenoterapia.

 Relación entre a saturación de O2 e PaO2.pdfRelación entre a saturación de O2 e PaO2.pdf

 

Relación entre saturación e gasometria.pdfRelación entre saturación e gasometria.pdf

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio