0 comentarios comentarios

Manexo da pulsioximetría

A pulsioximetría serve para avaliar o estado da osixenación, aínda que non mide a presión de osíxeno (PaO2), nin a presión de dióxido de carbono (PACO2), nin o PH. Por tanto, non substitúe totalmente a gasometría na valoración completa dos enfermos respiratorios, pero si que é unha técnica moi útil pola súa sinxeleza, rapidez, fiabilidade, reprodución e inocuidade.

   

Este protocolo pretende proporcionar os coñecementos adecuados para o manexo da pulsioximetría, responde á necesidade de dispoñer documentalmente de pautas de coidados avaladas cientificamente para os profesionais co fin de proporcionar unha asistencia eficaz de máxima calidade, baseada en criterios científicos, e reducir a variabilidade asistencial.

A pulsioximetría serve para avaliar o estado da osixenación, aínda que non mide a presión de osíxeno (PaO2), nin a presión de dióxido de carbono (PaCO2), nin o PH. Polo tanto, non substitúe totalmente a gasometría na valoración completa dos enfermos respiratorios, pero si que é unha técnica moi útil pola súa sinxeleza, rapidez, fiabilidade, reprodución e inocuidade. A súa utilización é cada día máis intensa, tanto a nivel hospitalario como na medicina primaria e ambulatoria. Serve igualmente para realizar exploracións puntuais como para a monitoración continua dos pacientes con insuficiencia respiratoria.
A pulsioximetría pode ser necesaria nos seguintes casos:
  1. Actuación en problemas respiratorios agudos en urxencias (crise de broncoespasmo, reagudización de pacientes respiratorios, insuficiencias respiratorias de calquera tipo, dificultade respiratoria por trastorno de ansiedade etc.), para poder avaliar a necesidade e eficacia do tratamento.
  2. Seguimento de pacientes en tratamento con osixenoterapia, evitando gasometrías arteriais.
  3. Detección da hipoxemia na síndrome de apnea do sono.
  4. Monitoración da resposta ao tratamento broncodilatador administrado de urxencia.
  5. En hospitais, o seu uso esténdese tamén á monitoración do paciente durante a anestesia, recuperación no postoperatorio, avaliación do neonato (prematuro, baixo peso, etc.), unidade de coidados intensivos, endoscopias, salas de cateterismo, etc.

  

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada

 

 

 


 

 


 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio