0 comentarios comentarios

Pulso (Frecuencia Cardíaca)

A toma da frecuencia cardíaca é unha técnica que se emprega para a valoración xeral dun individuo.

A protocolización dos coidados confórmase como instrumento indispensable de soporte para a práctica clínica. Entre as súas numerosas vantaxes cabe destacar a redución na diversidade inapropiada da práctica clínica, o que lles propicia unha atención máis xusta e equitativa aos nosos pacientes. Unifican, así mesmo, criterios de actuación que nos serven de punto de partida para unha avaliación da calidade do proceso asistencial.
A toma da frecuencia cardíaca é unha técnica que se emprega para a valoración xeral dun individuo tanto en atención primaria como en especializada.
O uso de monitores permítenos controlar as funcións vitais e complementar a función da enfermería. A monitorización non sempre implica gravidade senón a necesidade dun control exhaustivo das funcións vitais.
Algúns estudos realizados en poboacións sas así como en pacientes hipertensos, con cardiopatía isquémica ou con insuficiencia cardíaca, demostran unha asociación entre a FC elevada e un maior risco de mortalidade. Segundo isto, canto maior é a FC, menor é a expectativa de vida.
 
 

Flujograma.JPG

 
Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada
 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio