0 comentarios comentarios

Determinación da frecuencia respiratoria

Permite monitorizar o progreso do paciente e ás veces realizar unha detección temperá de sucesos adversos ou recuperación retardada.

A protocolización dos coidados confórmase como instrumento indispensable de soporte para a práctica clínica. Entre as súas numerosas vantaxes cabe destacar a redución na diversidade inapropiada da práctica clínica o que lles propicia unha atención máis xusta e equitativa aos pacientes. Unifican, así mesmo, criterios de actuación que serven de punto de partida para unha avaliación da calidade do proceso asistencial.
 
A toma da frecuencia respiratoria é unha técnica que se emprega para a valoración xeral dun individuo tanto en atención primaria como en especializada.
 
Permite monitorizar o progreso do paciente e ás veces realizar unha detección temperá de sucesos adversos ou recuperación retardada, aínda que os expertos indican que é un indicador de necesidade de investigacións máis profundas e apropiadas, e que sempre se debe usar o xuízo clínico e a observación do paciente.

 

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio