0 comentarios comentarios

Definicións. FR

.

Frecuencia respiratoria - número de ciclos de respiración completos, inspiración seguida de expiración, que realiza unha persoa nun minuto.

Apnea - falta ou suspensión completa da respiración.
Eupnea - respiración normal (en repouso).
Bradipnea - frecuencia respiratoria anormalmente baixa.
Taquipnea - aceleración do ritmo respiratorio.

Dispnea - vivencia subxectiva de dificultade para respirar, que inclúe sensacións cualitativamente diferentes de intensidade variable. Tal experiencia é produto de interaccións entre factores fisiolóxicos, psicolóxicos, sociais e ambientais diversos e pode inducir respostas secundarias de tipo fisiolóxico e condutual. A dispnea, que constitúe un síntoma, debe diferenciarse dos signos de incremento no traballo para respirar.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio