0 comentarios comentarios

Procedemento de adm. medicación iv.

.

 

  1. ​Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento a realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais (grao B).
  4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  6. Seguindo os cinco principios de administración da medicación verificar: fármaco,dose, vía, hora e paciente correcto. Asegurarse de que non existe contraindicación ou alerxia ao fármaco.
  7. Comprobar a prescrición coa etiqueta do fármaco e que ambas as dúas están claramente escritas. Comprobar ademais a data de caducidade e a súa axeitada conservación, data de apertura, a integridade deste e a ausencia de partículas en suspensión (grao B).
  8. Coñecer os efectos dos medicamentos e en función do fármaco que se vai utilizar, valorar a posible repercusión nos signos vitais, glicemia capilar, nivel de consciencia...antes da súa administración.
  9. Preparar a medicación para a súa administración de forma individualizada, e o que a prepare será o encargado de administrala, exceptuando os casos de elaboración ou mestura por parte do servizo de farmacia. Preparación do medicamento.pdfPreparación do medicamento.pdf
  10.  Preparación e administración do medicamento:
 
ADMINISTRACIÓN EN BOLO
 
A. Cargar o fármaco na xiringa axeitada ao volume. (Non deben quedar burbullas de aire na xiringa).
B. Identificar a xiringa: fármaco, vía de administración e nome do paciente (nunca rotular no plástico da xiringa, recomendable o uso de etiquetas).
C. Lavado hixiénico de mans ou uso de solución hidroalcohólica (categoría IA).
D. Poñer luvas non estériles.
E. Verificar que a vía está permeable e que non ten signos de infección, flebite, extravasación ou calquera outra anomalía.
F. Aplicar antiséptico, alcohol 70 % o polivinilpirrolidona iodada na válvula ou tapón e
deixar secar (categoría IA).
G. Valorar a necesidade de deter a perfusión continua se o paciente a tivese.
H. Conectar a xiringa, se o paciente portase unha chave de tres pasos colocala na posición correcta e perfundir o fármaco á velocidade axeitada ou prescrita.
I. Pechar a chave, desconectar a xiringa e lavar con 2-3 cc de soro fisiolóxico se non
tivese perfusión continua.
J. Aplicar antiséptico alcohol 70 % ou polivinilpirrolidona iodada na válvula ou tapón
(categoría IA).

ADMINISTRACIÓN EN PERFUSIÓN INTERMITENTE
 
A. Diluír o fármaco no soro ou auga destilada segundo proceda e no volume axeitado.
B. Colocar o sistema de perfusión e purgalo. (Non deben quedar burbullas de aire no
sistema).
C. Identificar o soro: fármaco, vía de administración e nome do paciente (nunca rotular
na bolsa de soro, recomendable o uso de etiquetas).
D. Lavado hixiénico de mans ou uso de solución hidroalcohólica (categoría IA).
E. Poñer luvas non estériles.
F. Verificar que a vía está permeable e que non ten signos de infección, flebite, extravasación ou calquera outra anomalía.
G. Aplicar antiséptico, alcohol 70 % ou polivinilpirrolidona iodada na válvula ou tapón edeixar secar (categoría IA).
H. Se o paciente ten unha perfusión continua, valorar a necesidade de detela.
I. Axeitar a velocidade de infusión ao tempo de administración.
J. Ao finalizar a infusión pechar a chave do sistema e retirar este.
K. Continuar a perfusión continua, se se detivo.
L. Se non existe perfusión continua, lavar con 2-3 cc de soro fisiolóxico.
M. Aplicar antiséptico, alcohol 70 % ou polivinilpirrolidona iodada na válvula ou tapón
(categoría IA).
 
ADMINISTRACIÓN EN PERFUSIÓN CONTINUA
 
A. Diluír o fármaco no soro e volume axeitado.
B. Colocar o sistema de perfusión e purgalo. (Non deben quedar burbullas de aire no
sistema).
C. Identificar o soro: fármaco, vía de administración e nome do paciente (nunca rotular na bolsa de soro, recomendable o uso de etiquetas).
D. Lavado hixiénico de mans ou uso de solución hidroalcohólica (categoría IA).
E. Poñer luvas non estériles.
F. Verificar que a vía está permeable e que non ten signos de infección, flebite, extravasación ou calquera outra anomalía.
G. Aplicar antiséptico, alcohol 70% ou polivinilpirrolidona iodada na válvula ou tapón e
deixar secar (categoría IA).
H. Axeitar a velocidade de infusión ao tempo de administración.
    
          11. Recoller o material utilizado e desbotalo no colector axeitado.
          12. Acomodar ao paciente
          13. Retirar luvas.
 

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio