0 comentarios comentarios

Procedemento de adm. de medicación IM

.

  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde. 
  2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  3. Informar o paciente e/ou o coidador principal, se procede, do procedemento que se vai realizar (Grao C) e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais (Grao B).
  4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  6. Seguindo os cinco principios de administración da medicación verificar: fármaco, dose, vía, hora e paciente correcto. Asegurarse que non existe contraindicación ou alerxia ao fármaco, ou outra contraindicación para a súa administración ou prescrición.
  7. Comprobar a prescrición coa etiqueta do fármaco e que ambas as dúas estean claramente escritas. Comprobar ademais a data de caducidade (Grao B).
  8. Hixiene das mans (Categoría IA).
  9. Asegurar que todo o equipamento necesario está á man.
  10. Preparar a medicación que se vai administrar Preparación do medicamento.pdfPreparación do medicamento.pdf
  11. Eliminar a agulla utilizada sen reencapsulala e desbotar no recipiente de materias cortantes e/ou punzantes e conectar a agulla de calibre adecuado para a administración (Nivel IV).
  12. Determinar co paciente a área para administrar a medicación: dorsoglútea, ventroglútea, vasto lateral externo ou deltoides (Nivel IV) Zonas de administración da inxección IM.pdfZonas de administración da inxección IM.pdf
  13. Colocar o paciente na posición axeitada para acadar a relaxación da zona muscular elixida.
  14. Colocación de luvas non estériles.
  • Palpar a zona de punción para descartar hematomas ou signos de endurecemento ou infección (Nivel IV).
  • Aplicar presión manual no lugar da inxección dez segundos antes de inserir a agulla (Nivel IV).
  • Inserir a agulla na profundidade desexada, nun ángulo de 90° cun movemento rápido e seguro, coa agulla separada de xiringa ou coa agulla e a xiringa conectadas (Nivel IV).
  • Executar succión na inxección na rexión glútea, debido á proximidade da arteria glútea. Non é necesario noutras áreas (Nivel IV). No caso de aspirar sangue, retirar a agulla e reiniciar o procedemento cun novo equipo estéril.

    15. Administrar lentamente o medicamento, preto de 10 segundos por ml,      para  permitir que sexa absorbido polo músculo.

    16. Retirar a agulla rapidamente no mesmo ángulo que foi inserida.

    17. Aplicar celulosa ou gasa seca e exercer presión na zona, sen masaxear.

    18. Desbotar a agulla no recipiente de material punzante ou cortante (Categoría II)

    19. Desbotar o resto do material.

    20. Hixiene das mans (Categoría IA).

    21. Valorar a tolerancia e os posibles efectos adversos. Observar o lugar da inxección en 2-4 h postinxección ou fomentar que o paciente lle notifique ao enfermeiro/a sinais como inchazo, cor vermella ou dor na zona ou calquera outro efecto secundario que poida producirse (Grao B).

    22. Comunicar eventos adversos.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio