0 comentarios comentarios

Para ter en conta. Adm. medicación v. intradérmica

.

 

​- No caso de que non se formase a pápula ao inxectar a medicación é que se realizou a punción moi profunda, valorar repetir a proba (Nivel IV).
 
- No caso de repetir a proba, o novo lugar de inxección debe situarse polo menos a 5
centímetros do primeiro.
 
- Se a inxección intradérmica é para o test de tuberculina (Mantoux) ou para probas de alerxia, rodear a zona de inxección cun rotulador indeleble trazando un círculo de entre 2 e 4 centímetros de diámetro, debese ter precaución de non fregar, nin lavar a zona de inxección, incluído o círculo pintado, tampouco se colocarán apósitos ou esparadrapos nesta zona.
 
- A dose de medicación por vía intradérmica adoita ser 0,1 ml máximo 0,3 ml.
 
- A zona de inxección máis frecuente é a cara anterior do antebrazo, catro travesos de dedo por encima da flexura do pulso e dous travesos de dedo por baixo da flexura do cóbado, tamén se poden utilizar outras zonas como a parte anterior e superior do tórax, por baixo das clavículas e a parte superior das costas, á altura das escápulas.
 
- Débense evitar as zonas con manchas, lesións, pelo ou tatuaxes (Nivel IV).
 
- É importante ter coñecemento da técnica de inxección e dos fármacos que se administran (Grao B).
 
- Vixiar o paciente, para detectar precozmente efectos adversos producidos polos fármacos administrados.
 
- Unha técnica incorrecta pode dar lugar a úlceras locais, abscesos ou queloides (Nivel IV).
 
- Preparar o carro de reanimación por se o paciente fose alérxico ao antíxeno inxectado, no caso de probas de sensibilidade.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio