Para ter en conta. Adm. medicación iv.

.

 

​- 20gts=1ml.
- Asegurar a compatibilidade do fármaco con outros que se estean administrando, en
caso de dúbida non administrar e consultar o Servizo de Farmacia.
- Vixiar a estabilidade do fármaco unha vez disolto.
- Non administrar os medicamentos por vías ou luces onde se estean infundindo fármacos vasoactivos, solucións de bicarbonato, nutrición parenteral, perfusións de insulina ou hemoderivados.
- En caso de perfusión continua cambiar o sistema de soro cada 96 horas (categoría IA).
- En caso de perfusións intermitentes ou de sangue, hemoderivados e/ou solucións
lipídicas cambiar o sistema de infusión correspondente con cada nova administración(categoría IA).
- Se existen dúbidas ante doses non usuais, efectuar dobre control con outro persoal
do equipo.
- Sempre realizar dobre control cando se administren medicacións de alto risco.
- Ante calquera signo de extravasación e/ou flebite deter a infusión, actuar segundo protocolo e canalizar nova vía venosa.
- Non é recomendable perfundir máis dun medicamento diluído no mesmo soro.
- Administrar o fármaco a temperatura ambiente.
- Vixiar, durante a infusión, que o medicamento e o resto das perfusións manteñen o
ritmo prescrito.
- Se o fármaco que se vai infundir é incompatible coa perfusión continua, deter esta, se é posible, e realizar un lavado da vía con 2-3 cc de soro fisiolóxico antes e despois da infusión. No caso de non ser posible deter a perfusión, débese administrar por outra vía intravenosa.
- Asegurar a permeabilidade da vía tras o seu uso, lavando o catéter con soro fisiolóxico no caso de vía venosa ou selando con heparina sódica, no caso de reservorio subcutáneo, indicada para o dito uso.
- Débense ter en conta as consideracións especiais de eliminación dos fármacos tras
o seu uso.
- Comprobar datas de caducidades do material e medicación.
- Educar o paciente e a familia/coidador (se fose preciso) en posibles efectos adversos
e a necesidade de que os comunique, ante a aparición de dor, ardentía, sangrado na zona de punción e/ou saída accidental da perfusión para que avise o profesional de enfermaría, e na prohibición de manipular o sistema de infusión.
- En determinados pacientes como poden ser os pacientes pediátricos, anciáns, pacientes con insuficiencia renal ou en casos de pacientes con cardiopatías de base, é
preciso valorar o volume do diluínte para non producir sobrecargas vasculares. Os posibles signos de sobrecarga vascular son: taquicardia, taquipnea, hipertensión e distréss respiratorio).

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio