0 comentarios comentarios

Para ter en conta. Adm. medicación IM.

.

 

  • Non administrar fármacos etiquetados incorrectamente ou ilexibles.
  • Para elixir lugar de inxección hai que considerar: idade, tipo de medicación, volume que se vai administrar (> 2ml non en deltoides)…
  • A desinfección da pel antes da inxección non se recomenda en pacientes novos e saudables con pel visiblemente limpa. Limpar a pel con solución antiséptica (Clorhexidina ao 2 % ou alcohol de 70 %) en anciáns, imunodeprimidos ou se a inxección faise preto de lesións infectadas ou colonizadas, tras un movemento de espiral dende o centro para a periferia de preto de 5 cm e deixar actuar polo menos 30 segundos.
  • Anticiparse e tomar medidas para previr os movementos rápidos e inesperados do paciente durante a inxección (Categoría II).
  • Non administrar inxeccións intramusculares en zonas inflamadas ou edematosas, con cicatrices ou lunares, marcas de nacemento ou outras lesións (Nivel IV).
  • A administración IM pode estar contraindicada en pacientes con alteración dos mecanismos da coagulación, enfermidade vascular periférica oclusiva, choque, despois do tratamento trombolítico e durante un infarto agudo de miocardio, posto que a absorción periférica está alterada (Nivel IV).
  • Nunca administrar o fármaco nun vaso sanguíneo.
  • No caso de aspirar sangue, retirar a agulla e reiniciar o procedemento cun novo equipo estéril.
  • Rotar as zonas de punción, naqueles pacientes que requiran tratamento prolongado. 
  • Se durante a administración do medicamento o paciente refire dor intensa irradiada pola extremidade, suspender a inxección e cambiar a zona de punción.
  • Se se ten que administrar ao mesmo tempo máis dun fármaco, se non hai incompatibilidade entre eles, tras a inxección do primeiro medicamento retirar un pouco a agulla, cambiar o plano e inxectar o segundo.
  • A agulla debe de ser o suficientemente longa para que o medicamento sexa inxectado no músculo e previr complicacións como os granulomas.
  • Prestar especial atención na hora de administración de antibióticos, antineoplásicos e aqueles medicamentos que esixan un intervalo de dosificación estrito.
  • En pacientes obesos, premer e tensar a pel da zona de punción co dedo índice e polgar da man non dominante; recoméndase a zona ventro-glútea para evitar administrar a medicación en tecido subcutáneo (Nivel IV).
  • En pacientes con escaso tecido adiposo ou os bebés que acaban de nacer facer un pregamento cutáneo cos dedos polgar e índice da man non dominante para realizar a punción.
  • Administrar sempre os medicamentos a temperatura ambiente.
  • No caso de administración de fármacos que irritan o tecido subcutáneo ou poden causar manchas na pel, utilizar a técnica de inxección IM en Z: antes da inxección mover lateralmente a pel e tecido subcutáneo sobre o músculo liberando a tensión tras a retirada da agulla e xiringa para formar un camiño de zig-zag. Non exercer masaxe no punto de punción.
  • É importante saber que algúns medicamentos poden cristalizar no interior da agulla se demoramos moito a súa administración.
  • Vixiar e informar o paciente da necesidade de comunicar calquera signo relacionado coas posibles complicacións entre as que se atopan: abscesos, celulite, necroses de tecidos, granulomas, fibrose muscular, inxección intravascular, hematoma e lesións dos vasos sanguíneos ou lesión do nervio ciático.
  • O/a enfermeiro/a que prepara o medicamento e o/a que debe administralo. Nunca administre un medicamento preparado por outra persoa.
  • Se existe algunha dubida, non administrar e consultar.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio