1 comentarios comentarios

Para ter en conta. Adm. iv. de citostáticos

.

​   

  • A extravasación de axentes citostáticos, dadas as súas características tóxicas, pódelle ocasionar un dano grave ou moi grave ao paciente, polo que a identificación da extravasación debe ser o máis precoz posible, para evitar ou minimizar o dano que poida causar.

 

  • Son elementos de sospeita de extravasación os seguintes:
            - A desaparición de retorno venoso de sangue
            - A diminución do fluxo da perfusión
            - A presenza de inchazo ou eritema en torno ao punto de punción venosa
            -A sensación de dor, ardentía ou proído indicada polo paciente.
  • Traballar sempre por debaixo do nivel dos ollos e preferentemente a altura do cóbado. Os sistemas pechados están deseñados para evitar a punción na bolsa que contén quimioterapia, pero se por algunha circunstancia excepcional isto fose necesario, débese traballar preferentemente á altura do cóbado cando se pique unha bolsa, para evitar a contaminación e inhalación de partículas que se puideran desprender na operación, e colocar unha gasa humedecida en alcohol de 70º ou nalgún outro antiséptico, arredor da boca de conexión para recoller a solución que se puidese verter.
  • Os citostáticos son fármacos con características especiais, pois teñen unha estreita marxe de seguridade e unha elevada toxicidade, que lle pode afectar tanto ao paciente coma ao persoal que os manexa, polo que é importante adoptar as medidas axeitadas de protección para o seu manexo (luvas, máscara, lentes de protección…) así como evitar derrames e fugas. No caso de contaminación co citostático, actuar segundo o protocolo establecido para a correcta actuación.
  • En caso de producirse extravasación dos citostáticos, seguir as pautas de actuacións indicadas para cada fármaco citostático.
  • Tras a administración, débese manter o circuíto pechado e non extraer os sistemas de infusión dos frascos, deben eliminarse xuntos.
  • Non modificar a orde de administración dos citostáticos, salvo orde expresa en contra.

 

Comentarios:
  • avatar What a neat ariclte. I had no inkling. dixo:
    xoves, 6 de xullo 2017 ás 02:26
    What a neat ariclte. I had no inkling.
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio