OBXECTIVOS
Obxectivo xeral
Unificar as actuacións na administración de medicamentos por vía ótica.
Obxectivos específicos
• Administrar con seguridade e unha asepsia adecuada os fármacos a través da vía ótica.
• Proporcionar os coñecementos necesarios para aplicar correctamente medicamentos óticos con fins diagnósticos, profilácticos e/ou terapéuticos.
Diagnósticos de enfermería relacionados
Diagnósticos NANDA
00004 Risco de infección.
00126 Coñecementos deficientes.
00132 Dor aguda.
00133 Dor crónica.
00161 Disposición para mellorar os coñecementos.
00182 Disposición para mellorar o autocoidado.
00276 Autoxestión ineficaz da saúde.
00293 Disposición para mellorar a autoxestión da saúde.
02380 Manexo da medicación.