0 comentarios comentarios

Definicións adm. medicación intravenosa

.

Medicamento: substancias que se utilizan ou se administran co obxectivo de restaurar, corrixir ou modificar funcións fisiolóxicas do organismo ou para establecer un diagnóstico médico.

Principio activo: toda materia calquera que sexa a súa orixe (humana, animal, vexetal, química ou doutro tipo) á cal se lle atribúe unha actividade apropiada para constituír un medicamento. Son os que teñen actividade terapéutica.
Excipiente: materia que, incluída nas formas galénicas, se engade aos principios activos ou ás súas asociacións para servirlles de vehículo, posibilitar a súa preparación e estabilidade, modificar as súas propiedades organolépticas ou determinar as propiedades fisicoquímicas do medicamento e a súa biodispoñibilidade.
Forma galénica ou forma farmacéutica: a disposición á que se adaptan os principios activos e excipientes para constituír un medicamento. Defínese pola combinación da forma en que o produto farmacéutico é presentado polo fabricante e a forma en que é administrada.
Medicamento xenérico: todo medicamento que teña a mesma composición cualitativa e cuantitativa en principios activos e a mesma forma farmacéutica, e cuxa bioequivalencia co medicamento de referencia fose demostrada por estudos axeitados de biodispoñibilidade.
Biodispoñibilidade: alude á fracción e á velocidade á que a dose administrada dun fármaco alcanza a súa diana terapéutica, o que implica chegar ata o tecido sobre o que realiza a súa actividade. Tómase como valor aproximado a concentración plasmática do dito fármaco e compárase coa concentración plasmática que alcanza para ese mesmo preparado unha inxección intravenosa. Este cociente é ao que lle chamamos biodispoñibilidade.
Vía de administración: ruta de entrada ou medio polo que os medicamentos son introducidos no organismo.
Administración por vía intravenosa: conxunto de actividades encamiñadas a administrar farmacos ao paciente para a súa absorción por vía intravenosa.
Reacción adversa medicamentosa (RAM): calquera efecto nocivo, non desexado, non intencionado, dun medicamento que aparece a doses utilizadas en humanos con fins profilácticos, diagnósticos ou terapéuticos (OMS).
A toxicidade, os efectos secundarios e os efectos colaterais son tipos de RAM.

Evento adverso (EA): é a lesión ou dano non intencional que se produce nun paciente como resultado dunha asistencia sanitaria e non da enfermidade de base do paciente.

Evento adverso medicamentoso (EAM): calquera dano resultante da administración dun medicamento.

Erro de medicación:son incidentes evitables que ocorren cando aos pacientes se lles dan medicamentos erróneos, na forma ou dose errónea, no momento non axeitado, debido a un erro no proceso de prescrición, dispensa e administración.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio