1 comentarios comentarios

Definicións adm. medicación intramuscular

.

Medicamento: substancia que, administrada a un organismo animal, serve para previr, curar ou aliviar a enfermidade e corrixir ou reparar as secuelas desta.

Medicamento de uso humano: toda substancia ou combinación de substancias que se presente como posuidora de propiedades para o tratamento ou prevención de enfermidades en seres humanos ou que se poida usar en seres humanos ou administrar a seres humanos co fin de restaurar, corrixir ou modificar as funcións fisiolóxicas exercendo unha acción farmacolóxica, inmunolóxica ou metabólica, ou de establecer un diagnóstico médico.Principio activo: toda materia calquera que sexa a súa orixe (humana, animal, vexetal, química ou doutro tipo) á cal se lle atribúe unha actividade apropiada para constituír un medicamento. Son os que teñen actividade terapéutica. 

 

 
Excipiente: materia que, incluída nas formas galénicas, se engade aos principios activos ou ás súas asociacións para servirlles de vehículo, posibilitar a súa preparación e estabilidade, modificar as súas propiedades organolépticas ou determinar as propiedades fisicoquímicas do medicamento e a súa biodispoñibilidade.
 
Forma galénica ou forma farmacéutica: a disposición á que se adaptan os principios activos e excipientes para constituír un medicamento. Defínese pola combinación da forma en que o produto farmacéutico é presentado polo fabricante e a forma en que é administrada.
 
Medicamento xenérico: todo medicamento que teña a mesma composición cualitativa e cuantitativa en principios activos e a mesma forma farmacéutica, e cuxa bioequivalencia co medicamento de referencia fose demostrada por estudos axeitados de biodispoñibilidade.
 
Biodispoñibilidade: alude á fracción e á velocidade a que a dose administrada dun fármaco alcanza a súa diana terapéutica, o que implica chegar ata o tecido sobre o que realiza a súa actividade. Tómase como valor aproximado a concentración plasmática do dito fármaco e compárase coa concentración plasmática que alcanza para ese mesmo preparado unha inxección intravenosa. Este cociente é ao que chamamos biodispoñibilidade.
 
Vía de administración: ruta de entrada ou medio polo que os medicamentos son introducidos no organismo.
 
Vía parenteral: aquela vía que introduce o fármaco no organismo grazas á ruptura da barreira mediante un mecanismo que habitualmente é unha agulla oca no seu interior chamada agulla de uso parenteral.
 
Vía intramuscular: vía de administración parenteral na que o medicamento se inxecta no músculo.
 
Reacción adversa medicamentosa (RAM): calquera efecto prexudicial ou non desexado dun medicamento, que aparece coas doses habitualmente utilizadas con fins profilácticos, diagnósticos ou terapéuticos.
 
Evento adverso: accidente imprevisto e inesperado que causa lesión e/ou incapacidade e/ou prolongación da estancia e/ou falecemento, que se deriva da asistencia sanitaria e non da enfermidade de base do paciente.
 
 

 

Comentarios:
  • avatar Life is short, and this article saved vallubae time on this Earth. dixo:
    xoves, 6 de xullo 2017 ás 02:56
    Life is short, and this article saved vallubae time on this Earth.
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio