Definicións adm. medicación v. inhalatoria

.

 

Vía inhalada: vía de administración de medicamentos en acción directa sobre os pulmóns, cunha maior rapidez, con dose máis pequena do fármaco e menor incidencia de efectos secundarios.
Inhaladores en cartucho presurizado: dispositivos para a administración de fármacos por vía respiratoria a través de aerosois inhaladores, con ou sen cámara expansora, poden ser convencionais, activados pola inspiración ou acoplados a cámaras de inhalación.
Inhaladores de po seco: dispositivos para administración de fármacos por vía respiratoria a través de po seco, con sistema de dose única ou multidose. (Turbuhaler, Accuhaler, Aerolizer)
Nebulizadores: aparellos que permiten a administración por vía inhalada de fármacos en forma de partículas de aerosol, crean unha fina néboa rompendo a tensión superficial do fármaco ao administrar que irá diluído en soro fisiolóxico.
Cámaras espazadoras: dispositivos deseñados para mellorar o rendemento dos ICP. Aumentan a distancia entre o cartucho presurizado e a boca do paciente, e diminúen a velocidade das partículas. Favorecen a evaporación dos propelentes, e diminúen con iso a sensación desagradable producida pola entrada e evaporación do solvente na orofarinxe, polo que fai frear a inhalación a moitos pacientes. Desta forma diminúen o impacto orofarinxeo e, como consecuencia, os efectos secundarios locais.
Así mesmo, evítase o importante problema de coordinación entre pulsación e inspiración, principal inconveniente dos ICP, diminúese a biodispoñibilidade sistémica e auméntase a distribución pulmonar dos fármacos. Imaxes cámaras.pdfImágenes cámaras.pdf (preme aquí para coñecer os diferentes tipos de cámaras)

 

 

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio