0 comentarios comentarios

Definicións. Adm. medicación por vía oral

.

Medicamento: substancias que se utilizan ou se administran co obxectivo de restaurar, corrixir ou modificar funcións fisiolóxicas do organismo ou para establecer un diagnóstico médico.

Principio activo: toda materia calquera que sexa a súa orixe (humana, animal, vexetal, química ou doutro tipo) á cal se lle atribúe unha actividade apropiada para constituír un medicamento. Son os que teñen actividade terapéutica.

Excipiente: materia que, incluída nas formas galénicas, se engade aos principios activos ou ás súas asociacións para servirlles de vehículo, posibilitar a súa preparación e estabilidade, modificar as súas propiedades organolépticas ou determinar as propiedades fisicoquímicas do medicamento e a súa biodispoñibilidade.
 
Forma galénica ou forma farmacéutica: a disposición á que se adaptan os principios activos e excipientes para constituír un medicamento. Defínese pola combinación da forma en que o produto farmacéutico é presentado polo fabricante e a forma en que é administrada.
 
Medicamento xenérico: todo medicamento que teña a mesma composición cualitativa e cuantitativa en principios activos e a mesma forma farmacéutica, e cuxa bioequivalencia co medicamento de referencia fose demostrada por estudos axeitados de biodispoñibilidade.
 
Biodispoñibilidade: alude á fracción e á velocidade a que a dose administrada dun fármaco lcanza a súa diana terapéutica, o que implica chegar ata o tecido sobre o que realiza a súa actividade. Tómase como valor aproximado a concentración plasmática de dito fármaco e compárase coa concentración plasmática que alcanza para ese mesmo preparado unha inxección intravenosa. Este cociente é o que chamamos biodispoñibilidade.
 
Vía de administración: ruta de entrada ou medio polo que os medicamentos son introducidos no organismo.
 
Vía oral: vía de administración dos medicamentos no organismo a través da boca.
 
Reacción adversa medicamentosa (RAM): calquera efecto nocivo, non desexado, non intencionado, dun medicamento que aparece a doses utilizadas en humanos con fins profilácticos, diagnósticos ou terapéuticos. (OMS)
A toxicidade, os efectos secundarios e os efectos colaterais son tipos de RAM.
 
Evento adverso (EA): É a lesión ou dano non intencional que se produce a un doente como resultado dunha asistencia sanitaria e non da enfermidade de base do doente.
 
Evento adverso medicamentoso (EAM): calquera dano resultante da administración dun medicamento.
 
Erro de medicación: son incidentes evitables que ocorren cando aos pacientes se lles dan medicamentos erróneos, na forma ou dose errónea, no momento non axeitado, debido a un erro no proceso de prescrición, dispensa e administración.
 
 

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio