0 comentarios comentarios

Administración de medicación por vía oral

A vía oral é a vía de administración máis cómoda, segura e económica, é a vía de elección, sempre que sexa posible.

Este procedemento ten como finalidade estandarizar os criterios de actuación na utilización da vía oral, co fin de reducir a variabilidade clínica incorporando as mellores prácticas na actividade asistencial.

Un dos maiores riscos, non só pola súa multicausalidade ao manifestarse un caso sentinela ou un evento adverso, senón tamén pola gran repercusión humana, asistencial e económica, é a administración de medicación. Non é unicamente unha tarefa mecánica, senón que require o pensamento e o exercicio dun xuízo profesional.
 
Un dos aspectos máis importantes da administración de medicamentos é reducir a posibilidade de erros.
 
Estudos realizados en España mostran que os efectos adversos motivados por erros na medicación teñen unha magnitude asistencial e económica moi elevada.
 
Ao ser esta unha das intervencións máis empregadas no desenvolvemento da asistencia sanitaria, é a nosa responsabilidade adoptar unha actitude máis activa no control de riscos relacionados con esta intervención.

 

A vía oral é a vía de administración máis cómoda, segura e económica, é a vía de elección, sempre que sexa posible. É preciso que o paciente teña a función intestinal conservada.
 
Para obter a máxima seguridade e eficacia do uso dos medicamentos débese ter en conta a biodispoñibilidade, a tolerancia gastrointestinal, as interaccións, tanto entre fármacos administrados simultaneamente, como entre fármaco e alimento, e os efectos adversos máis frecuentes facilmente recoñecibles. (Nivel IV).

  

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada

 

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio