A vía intramuscular emprégase para a administración de fármacos que pola vía oral se absorben mal ou son degradados.
As inxeccións intramusculares son unha técnica común de enfermería usada para administrar medicamentos en zonas profundas do tecido muscular. Non obstante, non é un procedemento simple e as técnicas de inxección non seguras estímanse que teñen un impacto significativo sobre a morbilidade e mortalidade dos pacientes, polo que é fundamental ter estandarizadas as normas da súa correcta realización, asegurando así a calidade dos coidados que prestamos aos nosos pacientes de forma eficiente e segura.
A vía IM emprégase para a administración de fármacos que pola vía oral se absorben mal ou son degradados, asegurar o cumprimento terapéutico ou como unha opción á vía oral en pacientes cirúrxicos ou con vómitos, ou para conseguir un efecto máis rápido.
A biodispoñibilidade do fármaco por vía intramuscular depende de varios factores como a área de vascularización da área de inxección, grao de ionización, solubilidade lipídica do fármaco, volume de inxección etc.
Este procedemento pretende axudar a maximizar os efectos terapéuticos da medicación administrada, minimizando ou eliminando o risco potencial de eventos adversos ou o malestar do paciente asociado coas inxeccións IM.
Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada