0 comentarios comentarios

Administración de medicación por vía inhalatoria

A vía inhalada permite lograr altas concentracións nas vías aéreas logrando efectos que só se obteñen con doses moi elevadas por vía sistémica, e ademais teñen maior velocidade de acción.

Este documento pretende reflectir as actuacións que deben levar a cabo os profesionais, para a administración de fármacos por vía inhalada, e para o manexo dos dispositivos necesarios para administrar de forma correcta a medicación inhalada que lles foi prescrita.
A vía inhalada permite lograr altas concentracións nas vías aéreas logrando efectos que só se obteñen con doses moi elevadas por vía sistémica, e ademais teñen maior velocidade de acción. O inicio do efecto cos medicamentos inhalados é máis rápido que pola vía oral. O medicamento adminístrase directamente aos pulmóns, cunha exposición sistémica mínima.
Os efectos sistémicos secundarios son menos frecuentes e severos coas inhalacións que coa administración sistémica (endovenosa, oral), ademais é menos dolorosa e relativamente máis confortable que outras vías.
O paciente debe comprender a importancia da vía inhalada para así reforzar a súa adherencia aos tratamentos inhalados. Ademais, debemos ensinarlle que desa forma se evitan os efectos indesexables que se producirían se tomase a medicación por vía sistémica.

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio