Obxectivos e diagnósticos de enfermería. Aspiración VRA

Obxectivos e diagnósticos de enfermería. Aspiración VRA

.

OBXECTIVOS
 
Obxectivo xeral
 
Definir as accións que cómpre desenvolver para manter permeable a vía aérea respiratoria alta.
 
Obxectivos específicos
  1. Desenvolver unha correcta extracción das secrecións das vías aéreas superiores, mediante a inserción dun catéter de aspiración na vía aérea do paciente, a través da boca, do nariz ou da traquea.
  2. Favorecer a ventilación e a osixenación.
  3. Contribuír a previr infeccións e/ou atelectasias ocasionadas pola acumulación de secrecións.
Diagnósticos de enfermería relacionados
Diagnósticos NANDA
  • 00004 Risco de infección
  • 00031 Limpeza ineficaz das vías aéreas
  • 00032 Patrón respiratorio ineficaz