Definicións. Osixenoterapia

0 comentarios comentarios

Definicións. Osixenoterapia

.

Osixenoterapia: achega artificial de osíxeno (O2) no aire inspirado a concentracións maiores ca no aire ambiente para tratar ou previr os síntomas e manifestacións da hipoxia.

Hipoxia: diminución da achega de osíxeno nun compartimento determinado (por exemplo, nos alvéolos ou nos tecidos).
Hipoxemia: refírese á baixa tensión ou presión parcial de osíxeno no sangue. Polo xeral, defínese como unha PaO2 <60 mm Hg ou unha SaO2 <90 %.
Saturación de osíxeno: expresa a cantidade de osíxeno que se combina coa hemoglobina para formar a oxihemoglobina, que é a que transporta o osíxeno no sangue cara aos tecidos. É unha medida relativa e non absoluta. En adultos <70 anos o rango a nivel do mar está entre o 94-98 %. En nenos sans, durante o primeiro ano de vida é de 97-98 % e de 98% en nenos maiores dun ano.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde