Coidados da cánula de traqueotomía

Coidados da cánula de traqueotomía

Está en fase de revisión e en breve estará dispoñible a súa actualización.

NOTA: Dado que transcorreron máis de 5 anos desde a publicación do procedemento, as recomendacións que contén han de ser consideradas con precaución.

A traqueotomía é unha intervención cirúrxica que se realiza en diversas situacións nas que se ve comprometida a permeabilidade das vías respiratorias ou ben para substituír unha intubación endotraqueal prolongada.

Este procedemento pretende documentar os coidados que se deben realizar no paciente portador dunha cánula de traqueotomía incorporando a mellor evidencia existente. A súa finalidade é a estandarización dos criterios de actuación e reducir a variabilidade clínica, coa incorporación das mellores prácticas na actividade asistencial diaria dos profesionais sanitarios, e garantir en todo momento a seguridade, o confort e a continuidade asistencial do paciente en todos os niveis asistenciais.
A traqueotomía é unha intervención cirúrxica que se realiza en diversas situacións nas que se ve comprometida a permeabilidade das vías respiratorias ou ben para substituír unha intubación endotraqueal prolongada.
Este procedemento non está exento de riscos e complicacións, como poden ser hemorraxia, enfisema subcutáneo, estenose traqueal, infección…, xa que se trata dunha técnica invasiva.


Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada 

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde