Aspiración de secrecións da vía respiratoria baixa

0 comentarios comentarios

Aspiración de secrecións da vía respiratoria baixa

Está en fase de revisión e en breve estará dispoñible a súa actualización.

NOTA: Dado que transcorreron máis de 5 anos desde a publicación do procedemento, as recomendacións que contén han de ser consideradas con precaución.​

A aspiración de secrecións endotraqueais é un procedemento invasivo que se emprega para mellorar a eliminación das secrecións das vías respiratorias, para mellorar os niveis de osíxeno, para previr altelectasias ou como parte da hixiene bronquial do paciente que está con ventilación mecánica, co fin de evitar que a acumulación das secrecións provoque pneumonías.

A finalidade deste procedemento é estandarizar os criterios de actuación e reducir a variabilidade clínica coa incorporación das mellores prácticas na actividade asistencial diaria dos profesionais enfermeiros, de xeito que se garanta en todo momento a seguridade e o confort, así como a continuidade asistencial do paciente en todos os niveis asistenciais.

As vías respiratorias teñen ao seu cargo o paso de aire a través delas. Hai que diferenciar entre as vías respiratorias superiores ou altas —formadas pola boca, a farinxe, a larinxe e a traquea— e as vías respiratorias inferiores ou baixas —formadas polos bronquios lobares e segmentarios—.

A aspiración de secrecións endotraqueais é un procedemento invasivo que se emprega para mellorar a eliminación das secrecións das vías respiratorias, para mellorar os niveis de osíxeno, para previr altelectasias ou como parte da hixiene bronquial do paciente que está con ventilación mecánica, co fin de evitar que a acumulación das secrecións provoque pneumonías (unha importante causa de mortalidade naqueles pacientes sometidos a ventilación mecánica).
Esta técnica consiste na introdución dun catéter de aspiración na vía aérea oral e/ou traqueal.
 
Realizar esta técnica pode implicar riscos para o paciente, como desaturación, arritmias, complicacións hemodinámicas, infeccións, laringoespasmos, lesións na mucosa etc., xa que como indicamos anteriormente é una técnica invasiva.
Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde