Para ter en conta

Para ter en conta

.

​  
TRANSPORTE DAS MOSTRAS DE URINA
 
Recomendacións
C
Recoméndase non demorar máis de 4 horas o procesamento da urina para non afectar ao crecemento bacteriano.
C
Cando non sexa posible cultivar a urina dentro das 4 horas seguintes, recoméndase que a urina que vaia ser empregada para detectar bacteriuia sexa refrixerada inmediatamente tras a súa recollida.
C
Cando non sexa posible a refrixeración e a urina vaia ser procesada entre as 4 e 24 horas da súa recollida, poden empregarse conservantes, xa que demoras maiores poden afectar o crecemento bacteriano.
 
Recomendacións
 
2+/3
Tanto a refrixeración (2 ºC-8 ºC) como os conservantes químicos de distintos preparados comerciais inhiben o crecemento bacteriano durante as primeiras 24 horas.
3/III
Nas mostras de urina conservadas mediante refrixeración (2 ºC-8 ºC) ou mediante conservantes químicos durante as primeiras 24 horas non se observan diferenzas nos illamentos e sensibilidade a antimicrobianos.
III /
2+
Existe certa inconsistencia nos resultados relacionados cos parámetros de perfil urinario en mostras de urina con conservantes. Dous estudos amosan que os conservantes químicos apenas modifican os resultados dos parámetros de perfil urinario, glicosa, cetonas, bilirrubina e sangue, ou de leucocitos e nitritos respectivamente. Mentres, que un terceiro estudo amosa cambios nos parámetros de glicosa e nitritos en mostras de urina mantidas con conservantes.
3
En mostras de urina recollidas e conservadas a temperatura ambiente obsérvase crecemento bacteriano significativo a partir das 4 horas.
3
 
 
A utilización de cantidades estándar de conservantes en mostras escasas de urina pode ter efecto inhibidor sobre o crecemento bacteriano.