Para ter en conta. Tuberculina

Para ter en conta. Tuberculina

.

Observacións

  • Se a técnica resultase incorrecta (subcutánea, non queda pápula, extravásase unha cantidade considerable), débese repetir a unha distancia mínima de 10 cm.
  • De existir efectos adversos, son sempre de tipo local: dor, proído, vesiculación, ulceración ou necrose.
  • De producirse vesiculación ou necrose, debe rexistrarse sempre.
  • A súa repetición non induce sensibilidade, polo que pode realizarse as veces que sexa necesario.
  • O embarazo non é unha contraindicación.
  • Para evitar falsos negativos da proba, e en caso de estar indicada a administración dunha vacina de xermes vivos ao mesmo tempo que a inoculación do PPD, ou se realizan as dúas inoculacións o mesmo día, ou se administra a vacina 6 semanas despois do PPD (valorando a necesidade de cada unha).
  • A vacinación previa con BCG nunca é unha contraindicación para a proba da tuberculina; porén, hai que telo en conta na interpretación dos resultados porque se pode producir unha reacción falso-positiva.
  • O PPD RT-23 debe almacenarse na neveira a unha temperatura entre 2 e 8 ºC. Nunca se debe conxelar nin expoñer directamente á luz.
  • Recoméndase que os viais de tuberculina usados non se garden máis de 2 días, e indicarase sempre a data de apertura. Aínda así, convén destacar que en recentes estudos se comprobou a efectividade e a asepsia dos viais abertos semanas antes do seu emprego.
  • Se hai feridas na pel que poden interferir na localización do lugar de inoculación (psoríase), marcar a zona de inxección rodeándoa cun círculo.
  • O fenómeno booster, que é a capacidade que ten o sistema inmunitario para reaccionar fronte á tuberculina, pode aparecer provocando unha reacción positiva ao repetir a proba. Este fenómeno pode inducirse incluso despois dun ano da proba.
  • A proba da tuberculina non é necesaria en persoas cunha proba positiva previa ben documentada.

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde