Definicións Recollida de Urina

0 comentarios comentarios

Definicións Recollida de Urina

.

Sondaxe vesical: técnica invasiva que consiste na introdución dunha sonda a través do meato uretral ata acadar a vexiga, co fin de establecer unha vía de drenaxe temporal, intermitente ou permanente dende a vexiga cara ao exterior, xa sexa con fins diagnósticos ou terapéuticos.

 
Sondaxe intermitente: técnica invasiva que consiste na introdución dunha sonda a través do meato uretral ata acadar a vexiga, co fin de establecer unha vía de drenaxe temporal, en este caso para recoller a mostra de urina.
 
Mostra de urina: cantidade de urina non menor de 10 cc, para a súa análise. A mostra idónea é a da primeira micción da mañá, xa que é a máis concentrada. En determinacións urxentes, recollerase a primeira urina que realice o paciente. É suficiente un volume de urina de 10 ml.
 
Urina de 24 h: urina excretada durante 24 horas utilízase para a determinación dalgunhas magnitudes bioquímicas cuxo cálculo depende da cantidade exacta de urina emitida nese período de tempo.
 
Punción-aspiración suprapúbica: permite obter urina directamente da vexiga a través da parede vesical. É a técnica de elección en pacientes nos que non é posible obter urina libre de contaminantes. Estas mostras están exentas de contaminación e calquera achado microbiolóxico débese considerar significativo.
 
Urocultivo: cultivo cuantitativo dunha mostra de urina que identifique o xerme causal de infección. O cultivo de urina realízase para cuantificar o número de bacterias por mililitros e exprésase como unidades formadoras de colonias/ml (UFC/ml).
 
Análise cuantitativa: determinación da abundancia absoluta ou relativa dunha, varias ou todas as substancias químicas presentes nunha mostra.
 
Bolsa colectora: recipientes flexibles levados no corpo para recoller urina.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde